Jump to Navigation


CONCURSO DE TRASLADOS PARA LA PROVISIÓN DE DIVERSAS PLAZAS BÁSICAS DE PERSONAL SANITARIO DIPLOMADO

miércoles, 5 marzo, 2014

DIARIO OFICIAL DE GALICIA Núm. 43


Martes, 4 de marzo de 2014


RESOLUCIÓN do 20 de febreiro de 2014, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se procede á corrección de erros da Resolución do 8 de xaneiro de 2014 pola que se convoca concurso de traslados para a provisión de diversas prazas básicas de persoal sanitario diplomado e de formación profesional deste organismo.



  • Advertido erro na dita resolución publicada no Diario Oficial de Galicia número 13, do 21 de xaneiro de 2014, cómpre efectuar a oportuna corrección nos anexos III e IV coa reapertura, nas categorías afectadas, dun prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia para a presentación de solicitudes.

  • Poderán presentar solicitude de participación neste prazo todas aquelas persoas que desexen participar no concurso de traslados, tivesen ou non presentado solicitude de participación no prazo inicial

  • Aqueles profesionais que, tendo presentado a súa solicitude de participación no concurso no prazo inicial, desexen modificar algún/s dos destinos seleccionados, poderán efectualo mediante a formalización a través de Fides/expedient-e e a presentación en prazo, na forma disposta na base sétima da convocatoria, dunha nova solicitude de participación, que deixará sen efecto a inicialmente presentada e na cal deberán relacionarse cada un dos destinos seleccionados e a súa nova orde de prelación. Esta solicitude non requirirá a entrega da documentación achegada xunto coa instancia inicial.

  • Particularmente, o persoal de enfermaría que tivese optado no prazo inicial de presentación de solicitudes a algún destino na Fundación Pública Urxencias Sanitarias-061 deberá formalizar unha nova solicitude de participación no proceso co obxecto de adecuar a súa opción aos termos da presente corrección.

  • Aqueles profesionais que, tendo presentado a súa solicitude de participación no concurso no prazo inicial, non desexen efectuar ningunha modificación no/s destino/s seleccionado/s, non terán que realizar ningunha actuación.

 


 



by Dr. Radut.