IV Xornada Científica da Asociación Galega de Enfermería Familiar e Comunitaria
Os días 17 e 18 de octubre, celebraranse as IV Xornada da AGEFEC (Asociación Galega de Enfermería de Familia e Comunitaria), que no seu percorrido por Galicia, este ano temos a honra de que se celebre na cidade de Ourense, no incomparable marco do “Centro cultural Marcos Valcarcel”.
Tanto o comité científico coma o organizador procuramos elaborar un programa que a vez que serva para mellorar os nosos coñecementos, aptitudes e habilidades tamén nos faga reflexionar sobre o noso futuro e novos retos profesionais.
O lema das Xornadas é WWW.ENFERMERIAECOIDADOS@GEFEC.COMUNICANDONOS, con este lema queremos reflectir un programa baseado en tres piares:
- As novas tecnoloxías, cada vez mais presentes no noso traballo.
- A comunicación, fundamental na enfermería F.e C.
- Os coidados, enfocados ao gran desafío da cronicidade.
Para o desenvolvemento destes temas contaremos ca colaboración de profesionais expertos.
Dende os comités organizador e científico invitamos a toda a enfermería, así coma ao alumnado pre grado e post grado, a participar como asistentes, ou coma ponentes; ofertamos un espazo para convivir, aprender e disfrutar compartindo experiencias.
Na web da IV Xornada Científica da AGEFEC, pódese consultar o programa, tramitar inscricións e enviar comunicacións.