Jump to Navigation


O día 15 de outubro remata o prazo de inscrición para as novas listas de selección temporal do Sergas

viernes, 26 septiembre, 2014

O Sergas anunciou onte que está previsto que no último trimestre deste ano se proceda á actualización periódica de 28 listas de contratación vixentes, entre elas as correspondentes a enfermeiros/as, enfermeiros/as da Fundación Pública Urxencias Sanitarias 061 e enfermeiros/as especialista en Obstetricia e Xinecoloxía. O proceso de inscrición en listas, informa a Xunta, ten carácter aberto e permanente, sen a formalización de ninguna convocatoria previa do Diario Oficial de Galicia (DOG)

O prazo para o rexistro online, a través de Fides/expedient-e, ou de novas solicitudes, a modificación dunha anterior ou a presentación de novos méritos remata o próximo 15 de outubro O Sergas advirte de que todas aquelas solicitudes ou méritos presentados con posterioridade a este prazo, serán tidos en conta no proceso de xeración correspondente ao próximo ano.

A inscrición e actualización de méritos correspondente a estas categorías deberá efectuarse consonte o procedemento indicado na resolución do DOG que se adxunta.



by Dr. Radut.