Jump to Navigation


A Consellería de Sanidade presenta o primeiro catálogo colectivo on-line das bibliotecas sanitarias galegas

Trátase dunha iniciativa pioneira en España
martes, 10 julio, 2012

 O secretario xeral técnico da Consellería de Sanidade, Antonio Fernández-Campa, presentou o 9 de xullo o primeiro catálogo on-line das bibliotecas sanitarias galegas (BICO). No acto estiveron presentes, así mesmo, o subdirector de Investigación, Docencia e Innovación do Sergas, Javier Paz Esquete, e o coordinador da Biblioteca virtual do Sergas (Bibliosaúde), Carlos González Guitián.Na rolda de prensa o secretario xeral anuncio tamén que Sanidade vén de asinar un convenio de colaboración coa Fundación Dialnet da Universidade da Rioxa. Trátase dun proxecto cooperativo no que interveñen universidades e institucións de prestixio, e no que actualmente participan 56 bibliotecas universitarias, 4 bibliotecas públicas e 10 bibliotecas especializadas, sendo a Consellería de Sanidade a primeira entidade autonómica de xestión sanitaria que asina un convenio coa Fundación.Respecto do primero catálogo on-line das bibliotecas sanitarias galegas (BICO), é unha iniciativa pioneira en España, mediante a que todas as bibliotecas sanitarias da Consellería de Sanidade dan un paso máis no traballo colaborativo, e con todos os seus fondos integrados e consultables dende calquera lugar.Nesta novidosa ferramenta é posible localizar máis de 45.000 documentos, moitos deles ofrecendo a posibilidade de consultalos directamente en liña, sexan libros, publicacións periódicas e todo tipo de materiais multimedia.O catálogo é accesible para todo o mundo, pero os profesionais do Sergas, mediante as súas claves de acceso, poderán disfrutar de máis vantaxes, como solicitar o préstamo on line, acceder aos textos completos dos libros electrónicos subscritos pola Consellería de Sanidade, consultar as listas temáticas, ou gardar e comentar os rexistros que considere de interese.BICO permite dende a procura máis sinxela ata a máis avanzada, adaptándose a todos os perfís do usuario. O seu enfoque total cara a Internet, así como o traballo en rede e os elementos web 2.0, convérteno nunha ferramenta de vangarda totalmente axustada ás actuais necesidades dos profesionais sanitarios.Ademais, estanse a desenvolver novos proxectos como o repositorio do Sistema Sanitario Público de Galicia como punto único de información de toda a producción clínica, científica, intelectual e docente xerada polos nosos profesionais; así como a elaboración dun aplicativo informático no que se volquen os rexistros bibliográficos de bases de datos para o seu estudio. Desta forma, pódese medir de forma obxectiva a actividade científica da Organización e os usuarios poden coñecer a producción da súa Institución, identificar expertos ou equipos en materias concretas. Convenio coa Universidade da RioxaRespecto do convenio coa Fundación Dialnet, promotora do portal bibliográfico de acceso a producción científica hispana (revistas, libros electrónicos científicos e tese doutorais), o secretario xeral sinalou que a Administración sanitaria galega vai colaborar con esta institución achegando as publicacións electrónicas editadas pola Consellería de Sanidade, e varias publicacións periódicas de prestixio no ámbito sanitario, como é a revista Galicia Clínica.A sinatura deste convenio repercutirá na difusión das publicacións da Consellería, así como nos profesionais que a compoñen, que terán acceso a opcións personalizadas e avanzadas dispoñibles en Dialnet. Racionalización dos recursosBibliosaúde, a biblioteca virtual do sistema sanitario público de Galicia, permite aos profesionais acceder á información científica nun tempo menor que cos métodos tradicionais e que co acceso virtual dispoñan dun número maior de recursos técnicos. Neste sentido, o pasado ano 2011 descargáronse máis de 460.000 artigos científicos e solicitáronse máis de 36.000 fóra da Comunidade Autónoma.A iniciativa naceu como proxecto para cambiar o sistema tradicional de bibliotecas presenciais existentes nos centros hospitalarios a outro no que se estende, de xeito on-line, o acceso á información a todos os centros sanitarios. A través dela ponse a disposición de todos os profesionais do ámbito da sanidade información relevante e técnica que lles permite a toma de decisións na práctica clínica, na xestión, na docencia e na investigación, mellorando significativamente a situación nos hospitais comarcais e na atención primaria, xa que poden ter a mesma accesibilidade que nos centros máis grandes.Esta centralización permite, así mesmo, unha racionalización dos recursos económicos destinados aos fondos bibliográficos do Servizo Galego de Saúde, permitindo un aforro de arredor do 40% do seu orzamento.Bibliosaúde ofrece servizo, durante as 24 horas do día, todos os días do ano, a todos os hospitais do Sergas, a todos os centros de atención primaria e aos servizos periféricos, departamentos territoriais provinciais, fundacións públicas e institutos asociados. Na actualidade, está plenamente consolidada e ten un uso diario moi importante.Todo o persoal do Sergas dispón de acceso á biblioteca virtual dende o seu posto de traballo ou dende o seu domicilio (a través da intranet e de Internet). Así mesmo, pódese acceder a coleccións de revistas de ciencias da saúde a texto completo, libros e bases de datos; e dispón dun servizo de petición de artigos, busca bibliográfica, catálogo de libros on-line, etc. Grazas a esta ferramenta pódese acceder a máis de 5.000 revistas electrónicas e máis de 700 libros electrónicos, entre outros recursos.Ademais dos profesionais sanitarios con praza no sistema, poden acceder a ela os médicos xubilados, interinos e en prácticas, constituíndo, desta maneira, unha axuda importante para a formación dos futuros profesionais, xa que o acceso a unha información científica rigorosa e centralizada repercute na mellora da calidade da atención sanitaria que reciben os galegos.  



by Dr. Radut.