Jump to Navigation


Xornada 'O conflito de intereses e a bioética'

Descripción: 
A Xornada 'O conflito de intereses e a bioética', que se celebrará en Santiago o próximo 3 de novembro, inclúe unha sección dedicada á presentación e discusión de comunicacións, relacionadas directamente cos conflitos de intereses ou con calquera tema vinculado á Bioética. A sesión de comunicacións celebrarase de 13 a 14 horas.
 
CRITERIOS PARA A PRESENTACIÓN DE COMUNICACIÓNS
1. O/os autor/es presentará/n un resumo do contido da comunicación dun máximo de 250 palabras. O resumo incluirá título, autor/é e centro de traballo.
2. As comunicacións poderán facer referencia a reflexións teóricas, experiencias (asistenciais, organizativas, docentes, comunitarias), casos clínicos, proxectos de investigación, etc.
3. As comunicacións enviaranse ao comité científico para a súa valoración e aprobación antes do 20 de outubro de 2016, utilizando a dirección de correo electrónico consello.bioetica.galicia@sergas.es.
4. O comité científico dirixirase aos autores a través das direccións electrónicas usadas para o envío do resumo das comunicación a consello.bioetica.galicia@sergas.es.
5. O comité científico informará os autores da aceptación e da orde de intervención e o tempo de presentación e debate das comunicacións.
6. As comunicacións serán presentadas de forma oral, podendo utilizar un máximo de 5 diapositivas.
7. Os resumos das comunicacións aceptadas serán publicados no libro da Xornada.
Lugar: 
Salón actos Consellería de Sanidade (Santiago de Compostela)
eMail: 
consello.bioetica.galicia@sergas.es
Fecha: 
jueves, 3 noviembre, 2016


by Dr. Radut.