I Xornada galega das Feridas
A I Xornada galega das Feridas, promovida polo Servizo Galego de Saúde, que se enmarca no 'Programa Úlceras Fóra', está dirixida a persoal de tódolos centros sanitarios da comunidade, de centros de Maiores e coidadores formais e informais. Pretende ser un punto de encontro onde se tratarán temas de prevención, uniformidade na abordaxe e xestión, así como coñecer distintas experiencias innovadoras que se están levando a cabo en relación as úlceras e feridas.A inscrición á xornada é gratuíta. O aforo é limitado á capacidade da sala. A selección será por rigorosa orde de inscrición, que se fará na páxina web da Fundación Pública Escola Galega de Administración Sanitaria: www.fegas.es