X Xornadas Profesionais sobre Alzheimer: un problema de todos e todas
A Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer e outras demencias de Galicia (Afaga) organiza, como cada ano, as Xornadas Profesionais sobre Alzheimer, que pretenden ofrecer un punto de encontro para todos os profesionais e futuros profesionais directa ou indirectamente relacionados con esta problemática. Unha atención integral e adecuada a todos nosos enfermos só se pode conseguir mediante a preparación e sensibilización de todos os axentes implicados.