Jump to Navigation


Presentación do espazo de autocoidado do COPG

viernes, 12 febrero, 2021

Desde o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia estan a poñer en marcha o Espazo de Autocoidado.


En novembro de 2020 e dentro do escenario da pandemia COVID-19, desde o COPG formúlase a necesidade de visibilizar e de atender a conciencia do autocoidado, como elemento imprescindible para preservar a saúde emocional da comunidade. Como profesionais da saúde, somos conscientes da importancia que o autocoidado ten no benestar das persoas. Con esta iniciativa queremos contribuír a espertar esta conciencia de coidado e velar polo benestar común. 


Esta acción estase concretando a través dun ESPAZO DE COIDADO na web do COPG; nel imos presentando diferentes accións e recursos, encamiñados á consecución dos obxectivos antes mencionados. 


Unha destas accións é o Espazo de Mindfulness e Compaixón, un programa que consta de oito sesións, de carácter gratuíto e aberto á poboación en xeral, que se celebrarán online os sábados entre o 20 de febreiro e o 17 de abril (agás o 3 de abril) ás 11:00 horas da mañá. Podes descargar o programa neste enlace, e para inscribirte só terás que remitirnos o formulario cuberto a copgalicia@copgalicia.gal


Este espazo é un lugar seguro e aberto a toda a comunidade, un espazo VIVO que faremos medrar e coidaremos entre todos e todas coa intención de cultivar a semente do autocoidado dentro do noso COPG, tanto para nós como para o resto da comunidade da que formamos parte. 


 




by Dr. Radut.