Jump to Navigation


A Axencia de Avaliación de Tecnoloxías Sanitarias publica a 'Guía de Práctica Clínica de Prevención e Tratamento da Conduta Suicida'

O texto foi elaborado por un grupo multidisciplinar de profesionais sanitarios
viernes, 16 noviembre, 2012

A Axencia de Avaliación de Tecnoloxías Sanitarias, avalia-t, acaba de publicar a segunda parte da 'Guía de Práctica Clínica de prevención e tratamento da conduta suicida', na que se abordan os aspectos preventivos do suicidio. 

Esta Guía enmárcase no Programa de elaboración de GPC baseadas na evidencia posto en marcha polo Plan de Calidade para o Sistema Nacional de Saúde e foi elaborada por un grupo multidisciplinar de profesionais sanitarios pertencentes ás diferentes disciplinas que integran a asistencia á persoa con conduta suicida. A Guía pretende ofrecer recomendacións ao profesional sanitario sobre aspectos de avaliación, diagnóstico, tratamento e prevención, axudar aos pacientes, familiares e achegados con información especificamente dirixida a eles e, en definitiva, mellorar a saúde e a calidade de vida da poboación.

 



by Dr. Radut.