Jump to Navigation


Entrevista a Manuel Porteiro

sábado, 8 mayo, 2021

Manuel Porteiro - Enfermeiro Unidade Coidados Críticos

Pregunta: ¿Qué te motivó a elegir la carrera de Enfermería?, ¿Cómo han sido tus comienzos y trayectoria profesional?

Respuesta: Desde pequeno vivín o que para min son os tres pilares básicos da Sanidade: o profesional (meu pai erá médico de pueblo, miña nai docente) o enfermo (tiven unha enfermidade que me mantivo encamado e illado durante meses) e o entorno (a miña coidadora principal foi a miña tía, unha muller sin carreira nin másteres pero pero que fixo hai 40 anos  todo iso que agora chamamos humanización de coidados e que para mín non é mais que enfermería: coidaba de min, pero tamén do entorno, do resto da familia, da miña adaptación tras da enfermidade … fixo que dentro das miñas limitacións me sentise como un pícaro mais, ata me sacaba periódicamente ao balcón para que me comunicase directamente cos meus amigos). Con esta base (pai- nai- tía) e normal que os seis pícaros da casa nos adicásemos a algo relacionado co coidado dos outros (catro somos sanitarios, e as outras dúas aínda que non na rama da sanidade tamén son coidadoras).

Fixen enfermería na EUE de Lugo. Os meus comezos foron no hospital Xeral-Calde de Lugo e sobre todo na Área de saúde de A Mariña (Hospital da Costa, Casas do mar, centros de saúde, servizos de urxencias extra hospitalarias, ...). E de A Mariña vin cara A Coruña, onde tras pasar por varios servizos e unidades, desde hai mais de 20 anos son parte do plantel dunha Unidade de coidados críticos (UCC), a Unidade de Reanimación do CHUAC, primeiro con contratos, logo con vacante e finalmente con praza en propiedade.

P:¿Qué es lo más difícil de ser enfermera/o?

R: A soedade. Enfermería é un colectivo moi numeroso, o mais numeroso da sanidade. Embargantes, o noso traballo non está aínda todo o recoñecido que se merece, en parte por decisións políticas (tendo a mesma formación que moitas profesións do grupo A1 se nos considera A2 polo que non estamos en casi ningún dos órganos de toma de decisións e nos que estamos, a nosa contribución e meramente testimonial) pero en parte tamén porque somos un colectivo desunido e cuns representantes (organizacións colexiais, direccións de enfermería, mandos intermedios, asociacións sindicais,...) que non están altura da nosa profesión e moitas veces dá a impresión de que se preocupan mais por “non molestar” que por reivindicar uns coidados de calidade para a poboación pero tamén para os colectivos enfermeiros, que son todos aqueles que se adican a coidar.

Pero gran parte desta soedade a causamos nós: as enfermeiras  somos pouco solidarias con nós mesmas. Se estivésmos unidas lograríamos mais obxectivos comúns pero adoitamos por as nosas  prioridades persoais por riba do colectivo e iso  non só nos alonxa  das institucións senon tamén nos divide  e debilita como colectivo.   

P: ¿Cómo está afectando la pandemia a tu vida personal y profesional?

R: Nas unidades de Coidados criticos (UCCs ou UCIs) estamos adoitados a traballar con pacientes críticos e en condicions de illamento (de contacto, de gotas e gotiñas, protector do enfermo inmunodeprimido,...) polo que, salvo detalles, os protocolos de illamento covid-19 non supuxeron unha gran novidade para nós. Sí é certo que supuxo un gran desgaste físico e emocional a tipoloxía de enfermos. Tanto as UCIs médicas como as UCIs de anestesia (como na que traballo eu) temos unha gran capacidade de adaptación, e de feito, en menos dun ano mudamos varias veces de tipoloxía de enfermos,  con todo o desgaste físico e emocional que iso supon para todo o equipo de traballo porque cada cambio non só e un cambio de enfermos senón que supón montar unha UCI nova (vaciar a unidade e reubicar enfermos criticos non covid coa conseuente sobrecarga doutras UCIs, limpeza e desinfeción, adaptación de infraestructuras, montaxe de novo, revisión de aparataxe,...) todo elo mentras non deixan de chegar enfermos críticos. Toda esta sobrecarga de traballo levou a un aumento significativo das baixas, tanto por lesións físicas como emocionais, baixas que oficialmente son enfermidades comúns, pero que son o efecto do exceso de carga asistencial.

  Por outra banda, é importante lembrar que hai vida mais aló da pandemia. Semella que o Covid-19 e o único importante para as administracións, de feito actualmente ou eres covid ou eres non-covid, o resto das enfermedades son secundarias, e non digamos xa as persoas, porque a personalizacion de coidados xa non existe. Pasamos de ter unha sanidade deshumanizada a ter unha sanidade hostil para as persoas.

P:¿Cómo ves la enfermería dentro de la sociedad actual?

R: Se temos uns representantes que dan unha imaxe de enfermería floreiro, so podemos esperar o mesmo como recoñecemento social. E poño un exemplo: Cando nos chega un paciente á unidade, habitualmente (el o a familia) preguntan pola/o ciruxá/án, pero ninguén o fai  polo resto do equipo: anestesiólogo/a,  enfermeira/o, TCE, celador son invisibles ao paciente... Pero se ese mesmo paciente pasa tempo con nós  xa lle van dando importancia ao persoal do da Unidade (á/ao anestesista, á/ao enfermeira/o ou TCE que o coida, ao/á celador/a… volvémonos visibles). O que non se ve non existe e enfermería se ve pouco ou nada na sociedade.

P: ¿Cuáles son los grandes retos a los que deberá enfrentarse la enfermería en un futuro inmediato?, ¿Qué desearías para los nuevos profesionales?

R: Necesitamos visibilidade e unión.

Necesitamos a consideración de máximo grado na nosa profesión e acceder a postos de xestión.

Necesitamos unha carteira de especialidades acorde ás necesidades reais sen fomentar unhas e esquecer outras (medica, cirúrxica, urxencias e críticos, xestión,...). Especialidades si, pero todas.

Necesitamos una carreira profesional de verdade e para todas, na que os grados supoñan algo mais que un aumento salarial, que impliquen tamén aumento de responsabilidades e acceso a novas técnicas.

E necesitamos representantes que sexan visibles polo que nos representan e non por dubidosas ou canda menos inmorais actuacións.



by Dr. Radut.