Jump to Navigation


Os profesionais do Sergas poden ver a puntuación de méritos no expediente-e para procesos de mobilidade interna

jueves, 21 febrero, 2013

Os profesionais do Servizo Galego de Saúde poderán ver por primeira vez a puntuación de méritos mediante baremación automatizada no seu expediente electrónico para optar ao cambio de posto e de quenda, informa a Consellería de Sanidade.

Segundo o Sergas, "estamos ante o primeiro proceso de mobilidade interna, dirixida a persoal fixo, cuxa baremación efectuouse a través do Expedient-e. Este novo sistema permite rexistrar os méritos de experiencia, formación, actividade docente e investigadora e quedar validados de xeito definitivo no currículo electrónico do profesional. Os resultados obtéñense de maneira automatizada e con total transparencia na súa valoración".

Con esta ferramenta innovadora facilítase a resolución dos procesos de cambio de posto e quenda nos centros sanitarios, nos procesos de selección fixa, temporal e provisión, así como en todos aqueles relacionados coa xestión do curriculum profesional. Dende o inicio do Expedient-e o día 21 de xullo de 2011,  formalizáronse máis de 44.450 solicitudes a través deste novo aplicativo e actualemente téñense rexistrados e validados máis de 1.250.000 méritos dos profesionais do Servizo Galego de Saúde.

 

Procesos de traslados

O Diario Oficial de Galicia publicou a semana pasada a puntuación provisional  de máis de 250 profesionais no proceso de traslados internos do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago das categorías de albanel; carpinteiro e celador; así como cociñeiro; costureiro; lavandeiro; pasador de ferro; perruqueiro e pinche.

Con esta primeira publicación facilítanse os traslados internos, axilizando a súa resolución que anteriormente se efectuaba de forma manual. As próximas listas de traslados internos que se publicarán serán as do Hospital Universitario Lucus Agusti nas que participaron máis de 1.000 traballadoresTamén están en fase de elaboración os procesos de mobilidade por conciliación no ámbito de atención primaria de A Coruña.

 

Próxima publicación de listas

As próximas listas que se publicarán con puntuación definitiva serán as de enfermería; enfermería especialista en obstetricia-xinecoloxía; enfermería 061; traballador social; así como facultativo especialista de área en psicoloxía clínica e logopeda.

Doutra banda, en vindeiras datas publicarase a apertura de prazo para nova xeración de listas de selección temporal e promoción profesional nas categorías de pinche; cociñeira; técnico superior, medio e especialista en Sistemas e Tecnoloxías da Información. Con esta publicación, serán xa 38 as categorías  formalizadas a través do Expedient-e e con inscrición aberta e permanente.

As persoas interesadas poderán inscribirse en calquera momento, sendo a xeración de listas prevista con carácter anual.Ademais, o persoal que traballa no sistema sanitario público galego poderá ver a súa vida profesional a través do Expedient-e, participar nos procesos e consultar os resultados. Asemade, nos centros sanitarios e direccións provinciais están habilitados puntos de información.

 

 
 

 



by Dr. Radut.