Jump to Navigation


Sonia Martínez Arca toma posesión como nova directora xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública

martes, 19 febrero, 2013

 A titular da carteira sanitaria do Executivo galego, Rocío Mosquera Álvarez, acompañada polo equipo directivo da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde, presidiu no Edificio Administrativo de San Lázaro, o acto de toma de posesión de Sonia Martínez Arca como directora xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública da Consellería de Sanidade.A nova responsable deste departamento substitúe no posto a Manuel Varela Rey, que pasou a ocupar o cargo de director da Axencia Galega de Innovación. Sonia Martínez é experta en xestión da investigación e innovación con ampla formación científica e experiencia en entornos internacionais.Nacida en Compostela, licenciouse en Farmacia, especialidade de Bioquímica, pola Universidade Complutense de Madrid. Así mesmo, é doutora en Bioloxía Molecular e Celular polo Centro de Bioloxía Molecular  “Severo Ochoa” CSIC, da capital de España. Así mesmo, foi directora de Recursos de Apoio á Investigación e Proxección Exterior da Universidade de Santiago, e do Parc Cientific de Barcelona. Na actualidade ocupaba o cargo de directora da Fundación Ramón Domínguez, antiga Fundación IDICHUS, do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago.Posúe, a nova directora xeral, dez anos de experiencia en investigación en Bioloxía Molecular e Celular en centros de excelencia nacionais e internacionais. Ademais, é autora de numerosas publicacións científicas en revistas internacionais de alto índice de impacto e de ponencias en congresos e seminarios científicos. Igualmente, ten oito anos de experiencia en xestión da investigación e a innovación no ámbito médico e biotecnolóxico, en entornos innovadores e dinámicos, pioneiros no deseño e posta en marcha de novos modelos organizativos da investigación, valorización, emprendemento e fomento de sinerxias entre diferentes actores do sector.



by Dr. Radut.