Jump to Navigation


O Sergas inicia a campaña de vixiancia periódica da saúde laboral dos seus profesionais para este ano

Os traballadores xa poden pedir cita para o examen de saúde de xeito telemático, a traves do FIDES
viernes, 1 marzo, 2013

A Consellería de Sanidade e o Servizo Galego de Saúde inician unha campaña para garantir a vixilancia periódica da saúde dos máis de 35.000 profesionais que integran a sanidade pública de Galicia, coa que se pretende controlar e facer seguimento da repercusión das condicións de traballo sobre a súa saúde. Con este obxectivo,informa o Sergas, ponse a súa disposición a posibilidade de solicitar de forma telemática a realización do seu recoñecemento médico laboral. Así, a partir de hoxe e ata o día 20 de marzo, os profesionais que estean interesados en realizar o exame de saúde durante este ano poderán inscribirse a través do formulario que estará dispoñible no FIDES, na sección de “Solicitudes”.

A aplicación informática asignará de xeito automático o centro de recoñecemento que lle corresponde ao profesional solicitante e, unha vez finalizado o rexistro, xerará un xustificante para que o presente o día da cita, co apartado do consentimento informado debidamente asinado.

A difusión desta iniciativa, informada previamente na Comisión Central de Seguridade e Saúde,  estase a levar a cabo mediante a remisión de correos electrónicos no marco do Portal do Empregado (FIDES) así como incluíndo información ao respecto no Expedient-e, e na canle de “Riscos Laborais” da intranet do Servizo Galego de Saúde. Paralelamente, desde as xerencias tamén estase a divulgar esta campaña entre os seus profesionais a través das canles habituais de transmisión da información de cada institución sanitaria (on line, taboleiro de anuncios, intranet corporativa, e-mail, entre outras).

Esta campaña reflicte o pulo que desde a Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde estase a dar á prevención de riscos laborais coa intención de contribuír a acadar os obxectivos de mellora continua na seguridade e saúde dos nosos profesionais.



by Dr. Radut.