Jump to Navigation


A conselleira de Sanidade comparece no Parlamento e avanza as liñas de traballo vencelladas coa Enfermería

Destaca o papel dos enfermeiros na Estratexia Galega de Atención Integral á Cronicidade
miércoles, 13 marzo, 2013

A conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera, compareceu no Parlamento para falar das liñas de traballo do departamento nos próximos meses. Entre os obxectivos, ciitou aqueles vencellados á Enfermería. A responsable autonómica anunciou que neste primeiro semestre rematarase a Estratexia Galega de Atención Integral á Cronicidade, na que terá un papel esencial a atención primaria e o persoal de enfermería.

Mosquera destacou tamén o impulso aos programas de prevención e promoción da saúde para o que aposta, dixo, polas redes sociais como forma de chegar mellor aos cidadáns, sobre todo aos máis novos, e no que se refire á adopción de estilos de vida saudables, á alimentación, exercicio físico ou prevención de consumos de alcohol e tabaco. Neste sentido destaca a iniciativa Xente con Vida.

As vacinas son outro dos piares das estratexias preventivas, segundo a conselleira, e en Galicia hai, asegurou, un dos calendarios vacinais máis completos.

Tamén explicou a mellora dos programas de cribado neonatal, de hipoacusia e o de metabolopatías, así como o programa de cribado de cancro de mama, ademais dos programas de control da tuberculose e do VIH, entre outros. Anunciou, ademáis, o desenrrolo dun plan integral para frenar o rápido incremento da obesidade.  

O envellecemento activo e saudable é un obxectivo, apuntou, aliñado coas prioridades e estratexias europeas. No ámbito sociosanitario e de forma conxunta co departamento de Benestar afirmou que “o reto é a integración da historia social e a historia clínica do paciente”.

 

Paciente: máis dereitos e maior participación

Rocío Mosquera tamén lembrou que xa está en tramitación a Lei de Garantías de Prestacións Sanitarias, “na que queremos incorporar un valor que nos parece moi importante, como é o dereito de libre elección de médico, enfermería e hospital”. Ademais da libre elección, esta lei inclúe o compromiso de garantía de tempos de espera, das instrucións previas, e de que os cidadáns poidan dispoñer da mellor información que precisan para adoptar as súas decisión en liberdade.

No referente á relación cos pacientes, a mellora da accesibilidade dos cidadáns ao sistema sanitario galego e a súa relación cos servizos sanitarios reforzouse coa posta en marcha dun sistema multicanle.

Novo modelo organizativo: xestión integrada e xestión por procesos

Como instrumento para avanzar na continuidade de coidados, na integración asistencial e na redución da variabilidade clínica, Rocío Mosquera destaca que a Sanidade pública galega continúa avanzando na implantación do modelo organizativo que aposta pola xestión integrada, xestión por procesos e xestión clínica.

 

 

 

 



by Dr. Radut.