Jump to Navigation


O Sergas publica cinco novas listas de selección temporal a través do expedient-e

O DOG publica a orden de prelación e puntuación definitiva obtidas polos aspirantes a unha plaza de enfermeiría
jueves, 4 abril, 2013

Hoxe publícase no Diario Oficial de Galicia (DOG) a orde de prelación e puntuación definitiva obtidas polos aspirantes admitidos nas listas das categorías de enfermeiría especialista en obstetricia-xinecoloxía (matroa), logopeda e traballador social.

Os case 1.117 profesionais inscritos nas listas poderán consultar no seu expedient-e a súa posición relativa e o número de orde nas listas xeradas, así como, de ser o caso, as causas de rexeitamento dalgún mérito, acadando así unha total transparencia nos resultados. A partir do 15 de abril entrarán en funcionamento para vínculos temporais no ámbito das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde e entidades adscritas á Consellería de Sanidade.
 
A xeración de listas faise con todas aquelas persoas inscritas ata a data do 26 de abril do 2012. Os profesionais inscritos con posterioridade a esa data incluiranse na relación de admitidos e excluídos do seguinte proceso de xeración automática de listas que se efectúe, xa que o proceso é aberto e permanente.
 
As listas entrarán en vigor o día 15 de abril, é dicir, a partires dese día as vinculacións que se realicen nestas categorías para traballar nos centros de saúde ou hospitais de todas as áreas sanitarias de Galicia, serán a través destas novas listas.
 
Neste día publícase tamén a baremación provisional nas listas para nomeamentos estatutarios temporais das categorías de técnico/a superior e de grao medio en prevención de riscos laborais.
 
Os 1.233 aspirantes destas dúas categorías, a través do expedient-e, na sección de procesos, poderán consultar os resultados de baremación, as causas de exclusión, o estado da documentación achegada, erros materiais nos que incurriron os participantes que poderán ser emendados, se son subsanables, ata o 16 de abril.
 
Dende que está en funcionamento o expedient-e inscribíronse máis de 46.000 aspirantes nos diferentes procesos e validáronse máis de 2.000.000 de méritos. Ata agora, convocáronse 37 categorías.
 
As próximas listas a publicar no mes de abril coa puntuación definitiva serán as de enfermaría.
 
Tamén no mes de abril se farán públicas as listas provisionais de admitidos e excluídos das categorías de farmacéutico de atención primaria, odontólogo, fisioterapeuta, terapeuta ocupacional, técnico de documentación sanitaria, técnico superior en dietética e nutrición, técnico en farmacia e técnico en coidados auxiliares de enfermaría.
 
Documentos: 


by Dr. Radut.