Jump to Navigation


O presidente da Xunta anuncia a mellora do sistema de triaxe Manchester nos servizos de Urxencias de todos os hospitais

Feijoo asinou onte os Acordos de Xestión de este exercicio, que tamén inclúe a creación dun modelo para doentes crónicos
miércoles, 24 abril, 2013

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo agradeceu onte o “exercicio anual de rigor e de responsabilidade” dos profesionais sanitarios durante a sinatura dos Acordos de Xestión correspondentes ao presente exercicio. Anunciou, segundo informa o Sergas, a mellora do sistema de triaxe Manchester nos servizos de urxencias de todos os hospitais; unha ferramenta que, dixo, axudará a diminuír a variabilidade e aumentará as garantías de seguridade para pacientes e profesionais, e contribuirá fe forma clara á priorización na atención. “E imos aprobar –engadiu- a Lei de garantías”; unha lei que fará posible menos espera, máis liberdade de elección, máis facilidades para unha segunda opinión e máis posibilidades para que os pacientes poidan expresar de forma anticipada como queren ser atendidos cando non poidan expresalo persoalmente. Así mesmo, afirmou que consolidar o novo modelo orientado aos pacientes crónicos e reforzar o sistema de listas de espera segundo prioridades son outras dúas liñas estratéxicas para este ano.

Sobre os pacientes crónicos, Feijóo destacou que, tendo en conta a cada vez maior proporción de poboación en idades avanzadas, que trae consigo un aumento dos procesos crónicos e dexenerativos e a pluripatoloxía, o acordo inclúe, tamén, a Estratexia Galega de Atención Integral á Cronicidade. 
 
O responsable do Goberno galego incidiu, amais, en seguir afondando na busca de ineficiencias, a través do aforro enerxético, do novo sistema de teléfono único, da aposta pola tecnoloxía, con novos programas de telemedicina e cunha maior coordinación entre Atención Primaria e Especializada
 
 


by Dr. Radut.