Jump to Navigation


Sanidade anuncia o reforzo da capacitación dos profesionais que atenden a pacientes con enfermedades avanzadas

A II Xornada Galega do Día Mundial dos Coidados Paliativos celebrouse onte en Santiago
jueves, 10 octubre, 2013

O Servizo Galego de Saúde de Galicia informou onte de que está a planificar intervencións dirixidas a avaliar o grado de desenvolvemento do Plan Galego de Coidados Paliativos e a actuar sobre os puntos de mellora detectados nas distintas Estruturas de Xestión Integrada, para o que conta coa colaboración da Comisión Galega de Coidados Paliativos e de moitos profesionais especialmente implicados. O Sergas engade, ademais, que segue facendo esforzos na capacitación daqueles que dan atención ás persoas con enfermidade avanzada, establecendo perfís profesionais que permitan adecuar os programas formativos ás necesidades dos enfermos.

Así se puxo de manifesto na II Xornada Galega do Día Mundial dos Coidados Paliativos, que se celebrou onte e que foi inaugurada polo secretario xeral técnico da Consellería de Sanidade, Antonio Fernández-Campa. Na súa intervención, salientou que nunha sociedade envellecida como a galega a prevalencia de persoas con enfermidades avanzadas é moi elevada e vai seguir aumentando, o que esixe maiores esforzos cara dar unha atención integral e de calidade dende un punto de vista sanitario e social.

Así se recolle na Estratexia SERGAS 2014, que entre os seus obxectivos, lembra o Sergas, recoñece a necesidade de mellorar a atención paliativa que se lle dá ás persoas que sofren enfermidades que se cronifican e levan a unha situación avanzada e de morte previsible.

Neste eido, o Sergas anuncia que dirixirá a atención cara grupos de poboación nos que houbo menos intervencións no pasado, como son os nenos con enfermidades ameazantes ou limitadoras da vida; e os enfermos atendidos en servizos hospitalarios non dedicados aos coidados paliativos -pero que tamén atenden a estes pacientes- ou en áreas máis afastadas dos hospitais, onde a Atención Primaria ten un papel máis importante.

A Xunta continúa a traballar para acadar o desenvolvemento total do Plan Galego de Coidados Paliativos garantindo a atención integral e de calidade de todas as persoas con enfermidades crónicas avanzadas, ao tempo que avalía as medidas adoptadas e introduce os cambios necesarios para adaptalo ás necesidades presentes e futuras.

 



by Dr. Radut.