RESOLUCIÓN pola que se nomean os tribunais cualificadores no proceso selectivo para o ingreso na condición de persoal estatutario fixo en diversas categorías

RESOLUCIÓN do 2 de novembro de 2023, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se nomean os tribunais cualificadores no proceso selectivo, polo sistema de concurso-oposición, para o ingreso na condición de persoal estatutario fixo en diversas categorías, convocado polas resolucións do 14 e do 15 de decembro de 2022.

Mediante as resolucións do 14 e do 15 de decembro de 2022, da Dirección Xeral de Recursos Humanos (Diario Oficial de Galicia núm. 3, do 4 de xaneiro de 2023), convócase concurso-oposición para o ingreso nas categorías de odontólogo/a de atención primaria, persoal enfermeiro/a especialista nas especialidades de enfermaría familiar e comunitaria, enfermaría obstétrico-xinecolóxica (matrón/a), enfermaría en saúde mental e enfermaría pediátrica, fisioterapeuta, terapeuta ocupacional, técnico/a superior en imaxe para o diagnóstico, técnico/a superior en hixiene bucodental, técnico/a superior de sistemas e tecnoloxías da información, técnico/a de xestión de sistemas e tecnoloxías da información, enxeñeiro/a técnico/a, grupo auxiliar da función administrativa e celador/a.

Na base sétima das ditas resolucións disponse que o tribunal cualificador do concurso-oposición será nomeado pola autoridade convocante cunha antelación mínima dun mes á data de realización das probas, e, para este efecto, publicarase a oportuna resolución no Diario Oficial de Galicia

A Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público (BOE núm. 312, do 29 de decembro), establece que os procesos selectivos para a cobertura de prazas incluídas nas ofertas de emprego público aprobadas no marco dos procesos de estabilización de emprego temporal deberán finalizar antes do 31 de decembro de 2024.

Consulta aquí o DOG

 

 

 

 


Imprimir  

Calle Álvaro Cunqueiro, Nº 7 - 1º

15008 - A Coruña

981 168 033

Horario de oficina:

9:00 a 14:00 horas y 16:00 a 19:00 horas de lunes a jueves

viernes de 08:00 a 14:30 horas 

 

Calle Romero Donallo, Nº 27 - Entlo.

15706 - Santiago de Compostela

981 598 870

Horario de oficina:

9:00 a 14:00 horas y 16:00 a 19:00 horas de lunes a jueves

viernes de 08:00 a 14:30 horas