Acordo entre a Xunta de Galicia e as organizacións sindicais para convocar o procedemento de acceso aos graos I e II do sistema transitorio extraordinario de recoñecemento da progresión na carreira administrativa para persoal funcionario

ORDE do 29 de decembro de 2023 pola que se publica o Acordo entre a Xunta de Galicia e as organizacións sindicais CSIF, CC.OO. e UGT polo que se convoca o procedemento de acceso aos graos I e II do sistema transitorio extraordinario de recoñecemento da progresión na carreira administrativa prevista na disposición transitoria oitava da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, para o persoal funcionario.

O Acordo entre a Xunta de Galicia e as organizacións sindicais para o desenvolvemento do sistema transitorio de recoñecemento da progresión na carreira administrativa prevista na disposición transitoria oitava da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, para o persoal funcionario, contou co voto a favor das organizacións sindicais CSIF, CC.OO. e UGT na Comisión Superior de Persoal do 22 de decembro de 2023 e foi asinado polas partes.

O acordo implantaba o sistema transitorio de recoñecemento da progresión na carreira administrativa como un sistema voluntario e consolidable de carácter ordinario e extraordinario. Así mesmo, este sistema transitorio se configura como unha retribución adicional ao complemento de destino.

Con base nese acordo procedeuse á convocatoria do grao extraordinario I e II mediante o acordo asinado polas partes.

Consultar aquí O DOG.


Imprimir  

Calle Álvaro Cunqueiro, Nº 7 - 1º

15008 - A Coruña

981 168 033

Horario de oficina:

9:00 a 14:00 horas y 16:00 a 19:00 horas de lunes a jueves

viernes de 08:00 a 14:30 horas 

 

Calle Romero Donallo, Nº 27 - Entlo.

15706 - Santiago de Compostela

981 598 870

Horario de oficina:

9:00 a 14:00 horas y 16:00 a 19:00 horas de lunes a jueves

viernes de 08:00 a 14:30 horas