O DOG publica a resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos, relativa á publicación do modelo definitivo de respostas dos distintos exercicios e das puntuacións provisionais da fase de oposición dos procesos selectivos para o ingreso en diversas categorías de persoal estatutario, entre elas:
- Enfermeiro/a especialista en obstetricia-xinecoloxía (matrón/a).
- Enfermeiro/a especialista en saúde mental.
- Enfermeiro/a especialista en enfermaría familiar e comunitaria.
- Enfermeiro/a especialista en enfermaría pediátrica.
Para consultar a resolución tedes a vosa disposición:
- A páxina web do Servizo Galego de Saúde
As persoas interesadas poderán presentar reclamación ante o tribunal no prazo de cinco días hábiles (do 07 /05/2024 ata o 14/05/2024), unicamente de existiren erros na confección aritmética da puntuación obtida.
As reclamacións deberán presentarse nun rexistro administrativo ou a través de calquera dos procedementos previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento dministrativo común das administracións públicas, e deberán dirixirse á sede do tribunal a efecto de comunicacións, situada na Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 15703, Santiago de Compostela.