Publicación das puntuacións definitivas e finalización da fase de oposición dos procesos selectivos para o ingreso en diversas categorías de persoal estatutario

RESOLUCIÓN do 6 de xuño de 2024, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, relativa á publicación das puntuacións definitivas e finalización da fase de oposición dos procesos selectivos para o ingreso en diversas categorías de persoal estatutario.

Mediante a Resolución do 25 de abril de 2024 (Diario Oficial de Galicia núm. 88, do 6 de maio) procedeuse á publicación do modelo definitivo de respostas dos distintos exercicios, así como das puntuacións provisionais da fase de oposición do proceso selectivo para o ingreso en diversas categorías de persoal estatutario, convocados polas resolucións da Dirección Xeral de Recursos Humanos do 14 e 15 de decembro de 2022 (DOG núm. 3, do 4 de xaneiro de 2023).

RESOLVE:

Persoal sanitario non facultativo:

Enfermeiro/a especialista en obstetricia-xinecoloxía (matrón/matrona), enfermeiro/a especialista en saúde mental, enfermeiro/a especialista en enfermaría familiar e comunitaria, enfermeiro/a especialista en enfermaría pediátrica, fisioterapeuta, terapeuta ocupacional, técnico/a superior en hixiene bucodental e técnico/a superior en imaxe para o diagnóstico.

Consulta aquí o DOG.


Imprimir  

Calle Álvaro Cunqueiro, Nº 7 - 1º

15008 - A Coruña

981 168 033

Horario de oficina:

8:00 a 14:30 horas de lunes a viernes

 

 

Calle Romero Donallo, Nº 27 - Entlo.

15706 - Santiago de Compostela

981 598 870

Horario de oficina:

8:00 a 14:30 horas de lunes a viernes