Puntuacións provisionais da Fase Concurso Proceso Selectivo Enfermeiro/a

RESOLUCIÓN do 10 de xuño de 2024, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se fan públicas as puntuacións provisionais da fase de concurso do proceso selectivo para o ingreso na categoría de enfermeiro/a, convocado pola Resolución do 15 de marzo de 2022.

RESOLVE:

Primeiro. Publicar na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es) as puntuacións provisionais da fase de concurso obtidas polas persoas aspirantes que superaron a fase de oposición do proceso selectivo para o ingreso na categoría de enfermeira/o.

Cada aspirante poderá consultar, ademais, o detalle da puntuación obtida nas distintas epígrafes do baremo no seu expediente electrónico persoal en Fides/expedient-e/sección de procesos.

Non son obxecto de publicación as puntuacións provisionais da fase de concurso daqueles aspirantes que adquiriron a condición de persoal estatutario fixo na categoría de enfermeiro/a no Servizo Galego de Saúde, logo da finalización do proceso selectivo de estabilización, polo sistema de concurso de méritos, convocado pola Resolución do 26 de decembro de 2022, da Dirección Xeral de Recursos Humanos (DOG núm. 216, do 14 de novembro), e resultan por tal motivo excluídos do proceso selectivo de concurso-oposición convocado pola Resolución de marzo de 2022 (DOG núm. 58, do 24 de marzo).

 Consulta o DOG.

Imprimir  

Calle Álvaro Cunqueiro, Nº 7 - 1º

15008 - A Coruña

981 168 033

Horario de oficina:

8:00 a 14:30 horas de lunes a viernes

 

 

Calle Romero Donallo, Nº 27 - Entlo.

15706 - Santiago de Compostela

981 598 870

Horario de oficina:

8:00 a 14:30 horas de lunes a viernes