ANUNCIO do 27 de decembro de 2021, da Xerencia da Área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza, polo que se publica a resolución da mesma data pola que se convoca a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de xefe/a de servizo de Ate

DOGA Núm. 19

De conformidade co establecido no Decreto 206/2005, do 22 de xullo (DOG nº 145, do 29 de xullo), de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, así como no artigo 3 da Orde da Consellería de Sanidade, do 24 de maio de 2006 (DOG nº 106, do 5 de xuño), pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 137/2019, do 10 de outubro, polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde, a Orde do 22 de abril de 2020 (DOG nº 82, do 29 de abril), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde, e o Decreto 134/2019, do 10 de outubro (DOG nº 204, do 25 de outubro), polo que se regulan as áreas sanitarias e os distritos sanitarios do Sistema público de saúde de Galicia, a xerente da Área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza

RESOLVE:

Primeiro. Anunciar a convocatoria para cubrir, mediante procedemento de libre designación, o posto de traballo que se indica no anexo.

Segundo. As retribucións do posto ofertado serán as que correspondan de acordo coa normativa vixente sobre confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica.

Terceiro. As solicitudes para participar nesta convocatoria dirixiranse á Xerencia da Área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza e poderanse presentar no Rexistro Xeral da Área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza, sito no Hospital Clínico, na Travesía da Choupana, s/n, 15706 Santiago de Compostela, ou a través de calquera dos procedementos do artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, no prazo de vinte días naturais, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Cuarto. As bases íntegras da convocatoria estarán expostas nos taboleiros de anuncios dos puntos de atención ao traballador (PAT) da Dirección de Recursos Humanos e na intranet da Área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza, así como na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).

Santiago de Compostela, 27 de decembro de 2021

Eloína Núñez Masid
Xerente da Área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza

ANEXO

1. Denominación do posto: xefe/a do Servizo de Atención Primaria de Ribeira.

2. Número de prazas: unha (1).

3. Requisitos: ter a condición de persoal estatutario fixo da categoría de persoal licenciado sanitario, en situación de servizo activo, ao desempeñar praza no Servizo de Atención Primaria de Ribeira, e acreditar un mínimo de tres anos de experiencia profesional na súa categoría profesional en institucións sanitarias do Sistema nacional de saúde.

4. Procedemento de provisión: libre designación.

5. Institución: Área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza


Imprimir  

Calle Álvaro Cunqueiro, Nº 7 - 1º

15008 - A Coruña

981 168 033

Horario de oficina:

9:00 a 14:00 horas y de 16:00 a 19:00 de lunes a jueves

Viernes de 9:00 a 14:00 horas

 

 

 

 

Calle Romero Donallo, Nº 27 - Entlo.

15706 - Santiago de Compostela

981 598 870

Horario de oficina:

9:00 a 14:00 horas y de 16:00 a 19:00 de lunes a jueves

Viernes de 9:00 a 14:00 horas