Os colexios de Ourense, Alacante e Huesca inician un proxecto piloto para que as enfermeiras da Sanidade privada prescriban medicamentos e produtos sanitarios

Fonte: Consello Xeral de Enfermaría

Desde esta semana as enfermeiras que traballan na Sanidade privada nas provincias de Ourense, Alacante e Huesca xa poden emitir as súas receitas -ordes de dispensación enfermeira- aos seus pacientes e que os medicamentos e produtos sanitarios que prescriban sexan retirados das farmacias. Trátase do proxecto piloto posto en marcha polo Consello Xeral de Enfermaríaa para validar tanto a orde de dispensación enfermeira como o procedemento para que as enfermeiras poidan dispoñer das receitas.

Como explica Florentino Pérez Raya, presidente do CXE, “para poñelo en marcha coordinámonos co Consello Xeral de Farmacéuticos, pois se trata de documentos que finalmente irán parar ás farmacias cando o paciente queira retirar ben un medicamento ou calquera produco sanitario que sexa prescrito pola súa enfermeira. O proxecto piloto vainos permitir coñecer as sensacións que teñen tanto as profesionais como os pacientes como os farmacéuticos, de que todo o sistema que puxemos en marcha está correctamente deseñado”. “Cremos -engade- que vai ser unha grande aposta para todos os enfermeiros que traballan ni ámbito privado, no exercicio libre da profesión, e que lles dará a seguridade abonda aos pacientes para esa dispensación de medicamentos e produtos sanitarios”.

En formato papel

As órdes de dispensación de momento serán en papel. As enfermeiras dos colexios incluídos no proxecto piloto poderán solicitalas a través da ventanilla única do seu respectivo colexio. Posteriormente, está previsto que a orde enfermeira se incorpore ao sistema de receita electrónica, para o que é preciso que tamén os farmacéuticos actualicen os seus sistemas informáticos. “Para estes próximos pasos nos estamos coordinando con outras organizacións profesionais, como as de médicos, podólogos ou veterinarios que xa están traballando na receita electrónica privada. No noso caso sería a orde de dispensación enfermeira tamén do ámbito privado”, sinala Pérez Raya.

“As ordes de dispensación elaboráronse nun papel especial, que non poee imprimirse en calquera impresora, senón que se deseñoi por unha empresa especializada para que non se poida falsificar nin copiar e que cumpre con todos os requisitos do Real Decreto que regula o seu deseño. Entre as medidas de seguridade inclúese un holograma, como o que pode aparecer nos cheques bancarios, ademais dunha banda laranxa que indica que é orixinal e dun só uso, así como uns apartados en cor gris que, no caso de tentar copiarse, imprimen que se trata dunha copia”, apunta José Luis Cobos, vicepresidente 3º do CXE.

Ademais, as ordes de dispensación ao ser persoais xeran un código QR cos datos da enfermeira colexiada que asina a receita. As oficinas de farmacia poden confirmar así que se trata dunha enfermeira habilitada para prescribir, no rexistro de profesionais do Consello Xeral de Enfermaría.

Plataforma e-Cuidados prescripción

Ademais, e como soporte para facilitar a prescrición enfermeira, as profesionais poderán consultar todos os datos dos medicamentos e produtos sanitarios que poden prescribir na plataforma e-Cuidados prescripción. “A través desta plataforma, desnvolvda nun entorno web, á que accederán mediante usuario e contrasinal e dispoñible desde calquera dispositivo, xa sexa móbil, tablet ou ordenador, as enfermeiras poderán consultar toda a información dispoñible de todo aquelo que poden prescribir: as interaccións que existen, se hai calquera actualización de produtos, se están dadas de alta ou de baixa, se hai algún problema con algún lote dalgún fármaco...”, explica Cobos. De tal forma que poidan exercer esta competencia coas maiores cuotas de garantía e seguridade para os pacientes.

Os enfermeiros deberán solicitar as sías claves tamén a través da ventanilla única do seu colexio profesional.

Futuros pasos

Nun principio este proxecto piloto só estará dispoñible nas provincias de Ourense, Alacante e Huesca. Posteriormente, unha vez comprobada a viabilidade do sistema, se irá espallando ao resto de colexios provinciais para en 2024 estar dispoñible para as 330.000 enfermeiras que exercen no noso país. “A orde de dispensación enfermeira privada ten que estar dispoñible para todas as profesionais enfermeiras, porque en calquera momento poden facer exercicio libre da profesión, aínda que no teñan unha consulta privada preestablecida”, conclúe Pérez Raya.


Imprimir  

Calle Álvaro Cunqueiro, Nº 7 - 1º

15008 - A Coruña

981 168 033

Horario de oficina:

9:00 a 14:00 horas y de 16:00 a 19:00 de lunes a jueves.

08:00 a 14:30 horas los viernes.

Calle Romero Donallo, Nº 27 - Entlo.

15706 - Santiago de Compostela

981 598 870

Horario de oficina:

9:00 a 14:00 horas y de 16:00 a 19:00 de lunes a jueves.

08:00 a 14:30 horas los viernes.