Nenos e nenas de Neda aprenden a previr coa enfermaría do centro de saúde

Fonte: Comunicación Área Sanitaria de Ferrol

Profesionais do centro de saúde de Neda achegáronse ós CEIP de A Maciñeira e de San Isidro neste Concello para abordar cuestións de prevención, como a Resucitación Cardiopulmonar (RCP), coa poboación máis nova. A enfermeira, Amaya Martín Pérez, xunto con seisresidentes de primeiro ano de Enfermaría Familiar e Comunitaria da Área, estiveron unhas horas nestes centros.

Interviron cunha trintena de nenos de entre 10 e 12 anos, de 5º e 6º curso do CEIP de A Maciñeira; e con outra trintena de nenos das mesmas idades tamén de 5º e 6º curso do CEIP San Isidro. Nunha primeira parte, achegáronlle os conceptos teóricos mediante unha presentación, e, posteriormente, dividíronos en grupos para aplicar de xeito práctico o aprendido.

Formar en RCP e primeiros auxilios

Estiveron a falar e a practicar sobre a Resucitación Cardiopulmonar (RCP) en nenos e adultos; a manobra de Heimlich, que é unha técnica de primeiros auxilios; a posición lateral de seguridade; ou o manexo do desfibrilador. Os obxectivos desta actividade son "formar ó alumnado en materia de primeiros auxilios e RCP para a súa integración na cadea de supervivencia, mediante un taller teórico práctico", afirmanQueren tamén "concienciar e sensibilizar tanto ó alumnado como ó resto da comunidade escolar sobre a importancia da formación en Reanimación Cardiopulmonar (RCP) e Obstrución da Vía Aérea por un Corpo Estraño (OVACE)". E, por último, con iso, "aumentar a supervivencia e diminuír as secuelas que orixinan as paradas cardiorrespiratorias".

As e os profesionais da Área Sanitaria de Ferrol que acudiron a este centro cualificaron de "moi bonita" a experiencia. "Os nenos e nenas portáronse moi ben, estiveron atentos e fixeron moitas preguntas, boas preguntas, que daban conta do interese", afirman. Destacaron tamén a colaboración e bo trato das e dos profesores.

Estas actividades máis alá do asistencial forman parte da formación das e dos profesionais no ámbito da saúde e a prevención no eido comunitario. Esta enfermeira de Pediatría de Neda, Amaya Martín, suma esta actividade fóra do centro, ás que realiza no seu día a día, e adaptadas a cada etapa dos máis pequenos, abordando cuestións tales como a educación sexual, a alimentación, os efectos das drogas, o tabaco e o alcohol e sobre hixiene postural e prevención de accidentes, entre outras cuestións.

  

 

 


Imprimir  

Calle Álvaro Cunqueiro, Nº 7 - 1º

15008 - A Coruña

981 168 033

Horario de oficina:

9:00 a 14:00 horas y de 16:00 a 19:00 de lunes a jueves.

                                                                                                                                                                                          08:00 a 14:30 horas los viernes.

 

 

 

Calle Romero Donallo, Nº 27 - Entlo.

15706 - Santiago de Compostela

981 598 870

Horario de oficina:

9:00 a 14:00 horas y de 16:00 a 19:00 de lunes a jueves.

                                                                                                                                                                                          08:00 a 14:30 horas los viernes.