A unidade docente multiprofesional de Atención Familiar e Comunitaria da Área Sanitaria de Santiago renova a certificación de calidade

A unidade docente multiprofesional de Atención Familiar e Comunitaria da Área Sanitaria de Santiago renova a certificación de calidade

Fonte: Gabinete de Comunicación da Área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza 

  • Concedido segundo a norma UNE-EN ISO 9001:2015, avalía os estándares e criterios claves para a mellor formación MIR e EIR.

A Unidade Docente Multiprofesional de Atención Familiar e Comunitaria da Área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza renova a certificación do seu sistema de xestión da calidade segundo a norma UNE-EN ISO 9001:2015, que avalía os estándares e criterios claves para a mellor aprendizaxe dos profesionais da sanidade. Esta unidade obtivo a certificación inicial no 2021 segundo a norma internacional. 

Na Unidade Docente amosaron o seu compromiso continuo coa excelencia tanto na  formación dos futuros profesionais como na asistencia e coidado dos pacientes nos centros de Atención Primaria da Área sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza.

A sistematización das mellores prácticas e a busca constante da mellora da metodoloxía docente garanten a formación tanto de MIR como EIR, apostando pola docencia, a investigación e innovación para ser referentes na formación especializada  destes  profesionais de Atención Familiar e Comunitaria.

Os sistemas de xestión de calidade constitúen unha valiosa ferramenta para o desenvolvemento dos procesos asistenciais e a medición e mellora continua do  desempeño e dos resultados dos servizos sanitarios, así como a valoración da satisfacción e expectativas dos pacientes, profesionais e a avaliación anual do cumprimento dos  requisitos mediante auditorías, internas e externas.

A implantación desta cultura de avaliación e mellora continua nos servizos, que coordina a Subdirección de Calidade, reflicte o compromiso da Dirección da Área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza coa excelencia na atención sanitaria.

“Obter a certificación é un recoñecemento á dedicación e ao traballo en equipo de todos os membros da nosa unidade docente”, indica o responsable da unidade, Sergio Cinza. “Estamos orgullosos de ofrecer unha boa experiencia de aprendizaxe que prepare aos nosos profesionais para afrontar os retos nunha contorna en constante cambio. O noso reto é seguir avanzando e mellorando na calidade”, engade o doutor Cinza.


Imprimir  

Calle Álvaro Cunqueiro, Nº 7 - 1º

15008 - A Coruña

981 168 033

Horario de oficina:

9:00 a 14:00 horas y de 16:00 a 19:00 de lunes a jueves.

08:00 a 14:30 horas los viernes.

Calle Romero Donallo, Nº 27 - Entlo.

15706 - Santiago de Compostela

981 598 870

Horario de oficina:

9:00 a 14:00 horas y de 16:00 a 19:00 de lunes a jueves.

08:00 a 14:30 horas los viernes.