Ábrese o prazo de presentación de solicitudes para o EIR 2023/2024

O prazo de presentación de solicitudes para optar a unha das 2.108 prazas convocadas para a formación de enfermeiras especialistas en 2023/2024 ábrese o 1 de setembro.

O prazo permanecerá aberto desde as 10:00 horas do venres 1 de setembro de 2023 ata as 14:30 horas do día 8 de setembro de 2023 e desde as 09:00 horas do luns 11 de setembro ata as 17:00 horas do día 15 dese mesmo mes. A celebración do exercicio terá lugar na tarde do sábado, 20 de xaneiro de 2024.

Finalmente, son 2.108 prazas as convocadas, dúas máis do que se anunciou nun principio, o que supón un aumento de 147 prazas con respecto á anterior oferta EIR, que tivo 1.961 (un 7,5% máis).

 

WhatsApp Image 2023 08 28 at 17.21.13

Desde o Consejo General de Enfermería consideran unha boa nova que se aumenten as prazas, pero destacan que continúan a ser insuficientes. “Sempre é positivo que se formen máis enfermeiros e enfermeiras especialistas, pero aínda estamos lonxe de lograr as prazas desexadas. Estamos nun momento en que debemos dar unha atención chave á cronicidade e á poboación máis envellecida e iso só se consegue apostando por enfermeiras especialistas, que brinden os mellores coidados a estes pacientes, pero lembramos tamén que isto se debe traducir na realidade asistencial. En definitiva, que haxa un recoñecemento real, creando as categorías profesionais de especialistas nas CC.AA., catalogando os postos de traballo como tal e que sexan ocupados e retribuidos como especialistas”, afirmou o vicepresidente do CGEJosé Luis Cobos.

Podes consultar aquí a convocatoria

 


Imprimir  

Calle Álvaro Cunqueiro, Nº 7 - 1º

15008 - A Coruña

981 168 033

Horario de oficina:

9:00 a 14:00 horas y 16:00 a 19:00 horas de lunes a jueves

viernes de 08:00 a 14:30 horas 

 

Calle Romero Donallo, Nº 27 - Entlo.

15706 - Santiago de Compostela

981 598 870

Horario de oficina:

9:00 a 14:00 horas y 16:00 a 19:00 horas de lunes a jueves

viernes de 08:00 a 14:30 horas