Fonte: Área Sanitaria da Coruña e Cee
- En España, mais de tres millóns de persoas teñen asma, das que o 10 % son nenos de entre 6 e 7 anos e o 15 % adolescentes de entre 13 e 14 anos
- Hoxe martes dia 7 de maio celébrase o Día Mundial da Asma, que este ano ten como slogan “A educación sobre o asma empodera”
A asma é unha enfermidade crónica moi prevalente, que afecta a un 4- 5,5% da poboación adulta, ao redor de 339 millóns de persoas en todo o mundo, e xera un consumo moi importante de recursos humanos e materiais. En España, máis de tres millóns de persoas teñen asma, das que o 10 % son nenos de entre 6 e 7 anos e o 15 % son adolescentes de entre 13 e 14 anos. O custo medio por paciente e ano calcúlase en 1.726 euros, que varía en función da gravidade da asma nun rango que vai desde os 959 euros para a asma leve aos 2.635 euros para a asma grave.