Fonte: Gabinete de prensa da área sanitaria Santiago e Barbanza
Profesionais da Unidade de Endouroloxía e Litiase do Servizo de Uroloxía da Área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza veñen de realizar con éxito, por primeira vez en España, unha intervención de nefrolitotomía percutánea nunha paciente embarazada. A intervención levouse a cabo a finais do pasado ano no Hospital de Conxo e a doente, de 21 anos e 28 semanas de xestación, xa foi alta para o seu domicilio en 48 horas.