Alfonso Hermida
Comunicación del Colegio de Enfermería de A Coruña
Dúas enfermeiras especialistas en saúde mental da Área Sanitaria de Ferrol, Sara Vázquez e Pilar García, forman parte dun proxecto innovador de prevención do suicidio que aposta pola atención máis aló da crise inmediata. A través dun plan de seguridade en formato grupal, do acompañamento continuo e da implicación das familias, buscan romper o illamento, anticiparse ás crises e ofrecer ferramentas prácticas ás persoas en risco. O seu obxectivo é claro: derrubar tabús, construír redes de apoio e demostrar que falar salva vidas.
-En que consiste o voso proxecto e que o fai diferente doutras abordaxes máis tradicionais?
Sara Vázquez.- La Unidad de Prevención del Suicidio es un dispositivo desde donde poder brindar una atención más intensa y específica a las personas que presenten conducta suicida de alto riesgo manteniendo un abordaje más allá del suicido en sí.
Pili García.- A diferenza doutras abordaxes máis centradas só no momento de crise, nós traballamos tamén no seguimento, na detección temperá dos sinais de alarma e na creación de ferramentas prácticas, como o plan de seguridade, que lle axudan os doentes a organizarse cando a dor mental é moi intensa. O que nos fai diferentes é que non só atendemos a “ideación suicida”, senón que poñemos o foco en aspectos sobre necesidades básicas como o insomnio, o sentimento de desesperanza, o illamento e a falta de motivación, interese ou pracer, que moitas veces son sinais previos ante unha posible crise. Ademais, incluímos a familia ou persoas de apoio (nai, amigo, veciño…).
O noso proxecto introduce o plan de seguridade nun formato grupal, algo que ata o de agora non se viña facendo desde a Enfermería especialista. Isto permítenos innovar porque favorece a aprendizaxe compartida, a creación de redes de apoio entre pacientes e, ó mesmo tempo, potencia a autonomía de cada persoa á hora de manexar as súas crises.
-Como enfermeiras especialistas, que accións levades a cabo para construír ese espazo de seguridade e confianza para o paciente do que falades?
S.V.- La clave está en crear una buena alianza terapéutica donde el paciente confíe en ti. Es necesario demostrarle que nuestra consulta es un espacio donde se pueda expresar sin ser juzgado, donde realmente se escuchan sus demandas y se trabaja de forma colaborativa, incluyendo en el proceso a las personas que sean un apoyo para el paciente según este vaya considerando oportuno. Todo ello es lo que nos permite trabajar principalmente con el Plan de Seguridad, una lista priorizada de estrategias para utilizar antes y durante una crisis, de manera efectiva.
P.G.- O espazo seguro é algo que se constrúe na relación terapéutica enfermeiro/paciente. Como enfermeiras, creamos ese espazo a través de accións moi concretas:
- Escoita activa e sen xuízos, validando a dor da persoa.
- Dispoñibilidade e continuidade, para que o paciente sinta que non está só e que hai alguén que o acompaña ao longo do proceso.
- Claridade e transparencia, explicando cada paso do tratamento e transmitindo que pedir axuda é o correcto.
- Adaptación, é dicir, respectar os tempos de cada persoa e ofrecer intervencións que teñan sentido para ela no seu momento vital.
-Que beneficios observastes nas dinámicas grupais para persoas con ideación suicida?
P.G.- Aínda que, ao principio, xorde moita dificultade e medo a falar de algo tan íntimo como a ideación suicida, coa práctica os pacientes acaban descubrindo que compartir non debilita, senón que fortalece. Moitos, que xa viñan de consulta individual, manifestaron que foron quen de anticiparse mellor ante unha crise grazas ás ferramentas aprendidas no grupo. O espazo grupal axúdalles a poñer palabras ao sufrimento, a sentirse comprendidos por iguais e, sobre todo, a construír unha rede preventiva que vai máis alá da consulta individual.
S.V.- El formato de grupo permite que los participantes aprendan unos de otros, ofrece apoyo social y mitiga la sensación de aislamiento y soledad que se ha asociado con el suicidio. Los participantes lo califican como una experiencia positiva, un lugar donde se han sentido apoyados y comprendidos. Han identificando el entorno como favorable para la expresión, la reflexión y la adquisición de habilidades y estrategias de afrontamiento. Como me dijo en su día una de mis referentes, el grupo cuida del grupo, y con este proyecto lo he vivido en primera persona.
-Cal é a función da Enfermaría especialista en saúde mental e como son os coidados cando o paciente xa non está ingresado?
P.G.- O ingreso hospitalario adoita ser breve, polo que a nosa función como enfermeira cobra especial relevancia cando o paciente volve á súa vida diaria. A alta hospitalaria, se o paciente non formaba parte do PPS, intégrase no Programa de Prevención do Suicidio, onde ofrecemos coidados centrados no mantemento do patrón do sono (principal sinal de alarma en doente con risco suicida), creación de rutinas saudables, diminución do illamento e fomento de contactos sociais. O obxectivo é que a persoa poida recuperar sensacións de benestar con apoio e que vaia collendo confianza en que o que lle pasa é tratable. Non só acompañamos no risco, tamén axudamos a reconstruír un futuro a curto plazo.
-Cales son os sinais de alerta que poden indicar que unha persoa está en risco e necesita axuda?
S.V.- Los cambios repentinos como el abandono del cuidado personal, el interés, alteraciones en el sueño; también a nivel verbal, las despedidas; o, no verbales, las autolesiones. Frecuentemente se encuentran desesperanzados, aunque también aparecen otros sentimientos como la culpa, la tristeza, el odio o la vergüenza en relación a eventos del pasado o del presente. También pueden acompañarse de un uso perjudicial de alcohol u otras drogas como vía de escape, agresividad, ruptura de relaciones o amistades y, sobre todo, el aislamiento de la sociedad.
P.G.- Cando unha persoa deixa de durmir, de relacionarse ou de coidarse, e sente que xa non hai saída, é un momento no que necesita apoio urxente. Estes cambios, que ás veces parecen pequenos, poden ser as primeiras pistas de que a persoa está a sufrir moito máis do que amosa.
-Como debemos actuar, que debemos dicir ou facer cando nos atopamos con este problema?
P.G.- O máis importante é non gardar silencio. Se intuimos que alguén pode estar a pensar en facerse dano, debemos achegarnos con respecto, sen xuízos, e preguntar directamente como se sente. Non fai falta ter respostas perfectas, o que axuda de verdade é escoitar, amosar interese e acompañar. E, por suposto, animar a buscar axuda profesional canto antes. Preguntar non ‘mete ideas’, ao contrario: abre unha porta de confianza e pode salvar vidas.
S.V.- Este suele ser el gran dilema: ¿cómo puedo ayudarle? y el miedo al qué decir en esos momentos. Por la experiencia de trabajar con este perfil de paciente, la gran mayoría echan en falta ser escuchados de una forma sincera y ser acompañados. Creo que debemos de perder el miedo a los silencios, ya que muchas veces el estar ahí es suficiente.
-Pola contra, que é o que nunca debemos dicir ou facer ante ideas de suicidio?
S.V.- Lo esencial es no minimizar cómo le afectan las cosas a la persona, ya que cada uno tenemos una forma diferente de afrontar las situaciones y no por ello deben de considerarse menos importante.
P.G.- Frases como ‘tes que animarte’, ‘non penses niso’ ou ‘hai xente peor ca ti’ fan sentir á persoa máis soa e incomprendida. Ademais, é importante lembrar que a depresión está moi ligada á aparición de ideas suicidas: hay que sinalar que non todas as persoas con depresión teñen ideación, pero unha porcentaxe moi elevada si a presenta. Por iso, dicir ‘anímate’ non só non axuda, senón que descoñece a complexidade dunha enfermidade que precisa apoio e tratamento.
-Como evolucionou e a qué ritmo a sensibilidade social e profesional sobre o suicidio na nosa contorna?
Pilar García.- Nos últimos anos demos un salto importante. Profesionais, medios e administracións comezaron a falar do suicidio como problema de saúde pública, algo que antes era tabú. Aínda queda camiño, pero a sensibilidade e a formación aumentaron. Cada vez hai máis recursos específicos e máis disposición social a abrir esta conversa sen medo. Pero queda moito por facer: por exemplo, campañas televisivas onde amosen liñas ou contactos de axuda ante determinados síntomas.
Sara Vázquez.- El propio impacto que está teniendo el suicidio en la sociedad durante los últimos años, ya que ha aumentado un 25 % en lo que llevamos de siglo y hemos alcanzado los 80.000 fallecimientos por esta causa a nivel nacional según los datos de los últimos informes, ha llevado a que se hable y que se creen recursos y estrategias para su abordaje.
-Que é o que máis nos custa asumir como sociedade cando falamos de suicidio?
S.V.- Aunque la situación respecto al suicidio ha avanzado en muchos aspectos, en cierta parte sigue siendo un tema tabú. No solamente en la sociedad y la red de apoyo de los pacientes, sino también en nosotros, los propios profesionales, ya que está presente el miedo a hablar de ello por si provoca que la persona pase al acto.
P.G.- Cústanos aceptar que pode tocar de preto, en calquera familia, escola ou lugar de traballo. Non é algo alleo nin raro, senón unha realidade que afecta a persoas moi diferentes. Romper esa idea de distancia é duro, porque implica recoñecer a nosa propia vulnerabilidade.
-Cal é o estigma máis dañino que debemos derrubar como sociedade para falar abertamente do suicidio?
P.G.- Se cadra, o máis prexudicial é pensar que falar do suicidio ‘mete ideas’ ou que quen fala non o vai facer. Este mito cala moito e impide preguntar, acompañar ou buscar axuda. No día a día na consulta de Enfermaría traballamos o de “ pedir axuda” que é un estigma que afecta mais ao sexo masculino. Moitos homes atopan difícil pedir axuda porque tradicionalmente foron educados na idea de que deben e teñen que ser fortes, autosuficientes e non mostrar vulnerabilidade. Expresar malestar emocional ou buscar apoio resulta algo que se percibe como debilidade. Derrubar estas barreiras culturais é clave para que os homes poidan recoñecer o seu malestar e recibir apoio. Debemos comprender que falar salva vidas, porque abre canles de apoio e rompe o silencio que fai tanto dano.
S.V.- Precisamente lo que te comentaba en la respuesta anterior, perder el miedo, que no es tarea fácil. Creo que deberíamos de trabajar más en la comunidad, con campañas de sensibilización y semejantes.
