Inés López Carral, na Radio Galega: “Detrás da síndrome confusional hai un problema de base”

A síndrome confusional é bastante habitual nas persoas maiores ingresadas. Non adoita durar moito, aínda que hai casos de meses. Os pacientes non entenden que están nun hospital. É tan común que os profesionais ás veces non lle poñen nome a esta patoloxía de carácter transitorio.

A presidenta da Organización Colexial de Enfermaría da Coruña, Inés López Carral, concedeulle unha entrevista á Radio Galega para falar sobre este asunto. Aquí transcribimos os fragmentos máis destacados da mesma.

-Por que ocorren estes delirios?

As persoas maiores que ingresan nun hospital adoitan facelo por unha doenza. Cando entran no hospital, a maioría faino en condicións normais de coñecemento e orientación. Pero cando os ingresan, deixámolos nunha habitación en que non hai nada que lles diga onde están. E desoriéntanse tanto temporal como espacialmente. Os casos que se dan en Urxencias son dun 14 %, pero cando quedan ingresados poden subir ao 35 %. Nas persoas que acaban de ser operadas, a síndrome confusional pode aparecer en seis de cada dez casos. É moito. Estamos a falar de pacientes a partir dos 65 anos. Cada vez hai máis casos porque, afortunadamente, a esperanza de vida é moi alta.

É un problema xeriátrico que afecta moitas persoas. É moi importante que teñan un bo diagnóstico e tratalos canto antes.Aparte de ser un problema para o paciente, tamén o é para o seu entorno e mesmo para a Sanidade porque é un gasto sumamente importante.

-Cales son os síntomas?

Desoriéntanse, poden alucinar, viven situacións que non son reais. Non se lembran do inmediato, pero si do pasado máis lonxano. Tamén na demencia, ao principio, ocorre o mismo. O cadro clínico vai cambiando durante o día e mesmo se acentúa moito pola noite. Teñen un estado de axitación importante e pola noite poden estar agresivos, teñen vixilia e non concilian o sono. A maior necesidade de durmir e de cansazo, máis alucinacións teñen.

-Hai que seguirlles a corrente?

As persoas que están no seu entorno debemos achegarmos cunha voz cálida, tentar comunicar con eles, presentarse, facer unha escoita activa cunha linguaxe que entendan con claridade. Tentar dicirlles que tiveron un problema e que están a ser atendidos nun hospital cos seus achegados pendentes, que non se sintan abandonados. Usar un ton tranquilo, o máis sosegado posible. É importante dedicarlles tempo, aínda que moitas veces o profesional sanitario andamos ás carreiras. 

Aparte de falar con eles, é importante que o espazo en que está, sexa a UCI ou unha habitación, teña as dimensións axeitadas. Deben coñecer o que é o día e o que é a noite. Que haxa orde nas habitacións, evitar que haxa ruidos innecesarios e que as visitas non veñan en avalancha.

-Canto duran estes episodios?

Poden durar horas, días ou meses. Normalmente se producen porque hai un problema de base que pode vir, por exemplo, dun exceso de medicación ou polo estrés de estar na UCI entubado, con máscara, sondas, aspiradores, respiradores… Só as alarmas que hai nunha UCI pode causarlles un estrés terrible.


Imprimir  

Calle Álvaro Cunqueiro, Nº 7 - 1º

15008 - A Coruña

981 168 033

Horario de oficina:

9:00 a 14:00 horas y de 16:00 a 19:00 de lunes a jueves.

                                                                                                                                                                                          08:00 a 14:30 horas los viernes.

 

 

 

Calle Romero Donallo, Nº 27 - Entlo.

15706 - Santiago de Compostela

981 598 870

Horario de oficina:

9:00 a 14:00 horas y de 16:00 a 19:00 de lunes a jueves.

                                                                                                                                                                                          08:00 a 14:30 horas los viernes.