O doutor García Buitrón e o seu xefe de servizo en Uroloxía, o doutor González Martín, empezaron en 1981 na Coruña a facer extraccións e transplantes de órganos mesmo antes de que se creara a Organización Nacional de Transplantes (ONT). Os primeiros foron de riles de doadores vivos. A partir de aí naceu a necesidade de crear un servizo que agrupara a actividade da doazón. Buitrón falaba coas familias, solicítaballes a autorización e realizaba as extraccións e os implantes xunto o seu equipo. O modelo español, unha das xoias do sistema, baseouse na forma de traballar dos primeiros equipos do hospital da Coruña. Buitrón creou un programa de rexistro de doantes e designación de órganos que se exportou ao conxunto de España.
Dos pioneiros da unidade de coordinación de transplantes do hospital coruñés só queda a administrativa, Carmen Ferreiro, que está a piques de xubilarse. Moitos foron pasando a remuda. Tamén as enfermeiras.