Enfermeiras de Ferrol elaboran o mapa de activos dun barrio da cidade: "A xente ten ganas de falar e hai que escoitala"

Enfermeiras especialistas en Familiar e Comunitaria da Área Sanitaria de Ferrol presentaron o mapa de activos xerado no marco do seu proxecto global Rede Local de Promoción de Saúde Ensanche A-Inferniño. Este mapa ou guía de recursos para a saúde "é un xeito de devolver á comunidade o que se fixo grazas á súa colaboración", subliñan estas profesionais. 

Enfermeiras especialistas en Familiar e Comunitaria da Área Sanitaria de Ferrol presentaron o mapa de activos xerado no marco do seu proxecto global Rede Local de Promoción de Saúde Ensanche A-Inferniño. Este mapa ou guía de recursos para a saúde "é un xeito de devolver á comunidade o que se fixo grazas á súa colaboración", subliñan estas profesionais. 

Un mapa de activos é unha ferramenta que serve para identificar os recursos e as actividades cos que conta a comunidade relacionados coa saúde, co ocio e o deporte, coa espiritualidade, o tecido asociativo, os servizos e a economía e coa educación e a cultura. “No noso caso”, explica Selene Lourido, un dos membros do equipo, “no barrio do Ensanche A, activos de saúde son a praza do Inferniño, a asociación de xordos, o negocio de fisioterapia, unhas clases de zumba nun baixo comercial…Son recursos que achegan saúde e a través do mapa recollemos toda es información". 

Os recursos que melloran as habilidades de persoas, grupos, comunidades, poboacións, sistemas sociais e/o institucións, que están accesibles no seu entorno, recóllense nunha guía coa fin de que se coñezan e axuden a manter e soster a saúde e o benestar. “O piar fundamental deste proxecto é a pretensión de impulsar a gobernanza local en saúde, descentralizando con iso o papel das e dos profesionais sanitarios, e cedendo o lugar protagonista á cidadanía”.

“As principais conclusións son que a xente ten ganas de falar e hai que escoitala, que é un barrio multicultural e que os veciños non coñecen todo o que ten o barrio. Non hai entidades de barrio como antes, o que repercute moito na saúde. Por exemplo, a praza do Inferniño, que é un punto céntrico e de interese, ten as beirarrúas levantadas. Non hai un asociacionismo que proteste, que reivindique unha solución a este problema para a xente maior. Hai moitos edificios antigos, sen ascensor, e hai unha morea de avós que non se poden mover e que pasan todo o tempo pechados ou acaban marchando do barrio”, explica Selene. 

Un elemento máis dunha Rede de Saúde Local

O equipo de enfermeiras está formado por Paula Souto, Laura López, Susana Verdía, Selene Lourido, Paz Caínzos e Graciela Villamil. Durante meses, e no marco de colaboración entre o Concello de Ferrol e a Consellería de Sanidade para a rotación das residentes, traballaron nunha rede de promoción da saúde tras contactar con diferentes colectivos e institucións do Ensanche A-Inferniño. Fixeron máis de trinta encontros tanto individuais como colectivos, cunha ducia de diversos colectivos, asociacións veciñais, e grupos étnicos e relixiosos que representan a diversidade cidadá deste barrio para "coñecer e recoñecer" este ámbito. Engadiron o traballo dun mapa das emocións, tanto cos máis novos nos institutos e colexios, como coa poboación xeral, plantexándolles cuestións tales como que lles xera ou produce benestar e o que non do seu barrio. “A metodoloxía foi diversa. Fixemos mapeos emocionais, fotovoz, entrevistas, observación directa, grupos de discusión…”

Coa fotovoz, pasearon cos máis maiores do barrio, que foron os encargados de describir a evolución, o antes e o despois na saúde e o benestar do barrio. Parte dos resultados, tras a aplicación de todas estas técnicas cualitativas e cuantitativas, puidéronse ver nunha exposición no Centro Carvallo Calero. Concretouse tamén nunha xornada meses despois, organizada polos propios colectivos integrantes, sobre alimentación, nutrición, saúde bucodental, exercicio e os beneficios de deixar de fumar, entre outros, e con xogos tradicionais en cada etapa da vida, dende a nenez ata a idade máis madura. Destacan que a motivación é conseguir que, coa divulgación da guía de activos, se acaden distintas intervencións que permitan poñer en práctica os resultados do estudo, así como lograr unha axeitada sensibilización a nivel dos centros sanitarios acerca da importancia da prescrición social de activos en saúde. “Formouse a rede de promoción da saúde con reunións periódicas que deberían seguir celebrándose. O legado do noso traballo cedímosllo á asociación de veciños Fontela Maristany, que teñen que empezar agora a coller as rendas”.

Este proxecto foi premiado no Congreso Internacional de Enfermaría Familiar e Comunitaria, que se celebrou en Granada o pasado mes de abril.


Imprimir  

Calle Álvaro Cunqueiro, Nº 7 - 1º

15008 - A Coruña

981 168 033

Horario de oficina:

9:00 a 14:00 horas y 16:00 a 19:00 horas de lunes a jueves

viernes de 08:00 a 14:30 horas 

 

Calle Romero Donallo, Nº 27 - Entlo.

15706 - Santiago de Compostela

981 598 870

Horario de oficina:

9:00 a 14:00 horas y 16:00 a 19:00 horas de lunes a jueves

viernes de 08:00 a 14:30 horas