O 60 % das enfermeiras galegas pensaron deixar a profesión

Fonte: Departamento de prensa do Colexio de Enfermaría da Coruña (Nota de prensa enviada aos medios de comunicación)

O Consello Xeral de Enfermaría e o Colexio de Enfermaría da Coruña denuncian que a carga asistencial que padecen os enfermeiros de Galicia na súa vida cotiá desde hai anos é insostible. A práctica totalidade das profesionais ​​consideran que teñen un volume de traballo alto ou excesivo e o 90 % das enfermeiras galegas recoñecen que esta presión laboral lles afectou psicoloxicamente moito ou bastante. Así se desprende das cifras extraídas dunha macroenquisa realizada polo Consello Xeral de Enfermaría entre case 10.000 enfermeiras de toda España, cuxo resumo podes consultar aquí. Os resultados son "peores que hai dous anos”. 

Os resultados da enquisa corroboran os datos que se presentaron hai dúas semanas e que poñen enriba da mesa a situación da enfermaría galega: son necesarias 10.000 enfermeiras no sistema sanitario (123.000 no conxunto de España) para converxer coas ratios europeas e brindar unha atención óptima aos pacientes”, sinala Inés López Carral, presidenta da Organización Colexial de Enfermaría da Coruña. 

De feito, o 55 % das enfermeiras galegas que participaron na enquisa considera que a súa situación laboral empeorou con respecto á que tiña antes da COVID-19. Só 1 de cada 10 di que mellorou. Non é de recibo que, despois do que se fixo para superar a pandemia, as administracións se esquezan das enfermeiras. As condicións laborais empeoraron en dous anos. A clase política esqueceuse de nós. Necesitamos máis atención e estratexias que revertan con urxencia esta situación”, denuncia López Carral. 

Nove de cada dez enfermeiras galegas recoñecen que a súa carga de traballo lles afecta psicoloxicamente. Nos últimos meses, o 91 % das enfermeiras da nosa comunidade padeceron episodios de estrés; o 69 %, de ansiedade; o 67 %, de insomnio e o 31 % denuncian ter sufrido depresión. Hai que coidar as profesionais que coidan os demais e evitar que se manifesten estes graves problemas. Segundo este estudo, Galicia é, despois de Canarias e Cataluña, a que máis baixas tivo no último ano derivadas da carga emocional”, apunta a presidenta das enfermeiras da provincia da Coruña. 

Segundo este estudo, case o 61 % das enfermeiras galegas pensou nalgún momento que a solución podería ser deixar a profesión. En Galicia e no conxunto de España levamos anos sufrindo unha escaseza de enfermeiras. E o problema vai agravándose, con grandes desigualdades entre as distintas comunidades e, dentro de Galicia, entre as áreas sanitarias. A presión sobre a coidadora é cada vez maior e, a pesar de ser unha profesión maioritariamente vocacional, afecta cada vez máis á situación emocional da profesional”. 

Máis aló da sobrecarga asistencial, a enquisa avaliou as condicións laborais e da profesión, conseguindo o apoio unánime á demanda de recoñecemento da categoría A. O 96 % das enquisadas ​​considéraa moi ou bastante importante. Ademais, o desenvolvemento das especialidades (2,19), a conciliación da vida familiar e laboral (2,73) e o recoñecemento do desenvolvemento profesional (2,92) son os parámetros que acadan a menor puntuación.

Consulta aquí o ESTUDO SOBRE O IMPACTO DA PRESIÓN ASISTENCIAL NA PROFESIÓN ENFERMEiRA 2024


Imprimir  

Calle Álvaro Cunqueiro, Nº 7 - 1º

15008 - A Coruña

981 168 033

Horario de oficina:

9:00 a 14:00 horas y de 16:00 a 19:00 de lunes a jueves.

08:00 a 14:30 horas los viernes.

Calle Romero Donallo, Nº 27 - Entlo.

15706 - Santiago de Compostela

981 598 870

Horario de oficina:

9:00 a 14:00 horas y de 16:00 a 19:00 de lunes a jueves.

08:00 a 14:30 horas los viernes.