Estréase o novo plan para combater a calor extrema

O Goberno activa a partir de hoxe, 15 de maio, o Plan Nacional de Accións Preventivas dos Efectos do Exceso de Temperaturas sobre a saúde. O obxectivo é previr e mitigar os efectos negativos sobre a saúde da cidadanía da calor excesiva. Vixiaranse, sobre todo, os grupos que se consideran de risco ou máis vulnerables, como as persoas maiores, as mulleres embarazadas e menores e persoas con enfermidades crónicas. Tamén, os colectivos que fan o seu traballo ou realizan esforzos ao aire libre. O Plan permanecerá activado entre o 15 de maio e o 30 de setembro.

Unha das actuacións prioritarias do Plan é alertar de posibles situacións de risco ás autoridades sanitarias e á cidadanía coa suficiente antelación. O Plan ten en conta as seguintes variables meteorolóxicas: as temperaturas máximas previstas para tres días, as temperaturas máximas e mínimas observadas rexistradas o día anterior á data prevista e as temperaturas límite máximas, establecidas a partir de estudos epidemiolóxicos que permitiron relacionar o exceso de temperatura e a mortalidade. Ademais, a persistencia no tempo do exceso de temperatura considérase un factor de risco para a saúde. 

As temperaturas que serven de referencia para calcular o grave risco para a saúde, a partir do cal a mortalidade aumenta por causas derivadas da temperatura son de 27,5º para A Coruña; 32,4º para Lugo; 37,4º para Ourense e 28,5º para Pontevedra.

A información actualízase diariamente na páxina web do Ministerio de Sanidade (www.sanidad.gob.es). A cidadanía tamén poderá subscribirse ata o 30 de setembro a un servizo gratuíto para recibir a previsión de temperaturas e o nivel de risco da provincia solicitada por correo electrónico e teléfono móbil.


Imprimir  

Calle Álvaro Cunqueiro, Nº 7 - 1º

15008 - A Coruña

981 168 033

Horario de oficina:

9:00 a 14:00 horas y 16:00 a 19:00 horas de lunes a jueves

viernes de 08:00 a 14:30 horas 

 

Calle Romero Donallo, Nº 27 - Entlo.

15706 - Santiago de Compostela

981 598 870

Horario de oficina:

9:00 a 14:00 horas y 16:00 a 19:00 horas de lunes a jueves

viernes de 08:00 a 14:30 horas