“Axudámosche coa túa medicación”, novo plan de mellora da adherencia terapéutica do Sergas

As enfermeiras ou os farmacéuticos de primaria realizarán a primeira consulta unha vez detectado o paciente.

Esta iniciativa vai dirixida a persoas con dereito a asistencia sanitaria e farmacéutica con cargo ao Sistema Público de Saúde de Galicia, polimedicados (que toman máis de 13 medicamentos de forma crónica, inicialmente) de idade avanzada (máis de 74 anos), con problemas de incumprimento da terapia ou con dificultades para o correcto uso dos medicamentos por déficits de autonomía física ou psíquica, para as que vivan soas ou non teñan unha rede de apoio sociofamiliar adecuada para o mantemento dos tratamentos instaurados.

Unha vez detectado o paciente susceptible de inclusión, será derivado a unha primeira consulta co seu enfermeiro ou farmacéutico de atención primaria que valorarán o cumprimento dos requisitos necesarios para ser beneficiario, coa colaboración do traballador social. Posteriormente, o farmacéutico de atención primaria e o médico de familia revisarán o tratamento en conxunto, e derivarán o paciente a unha farmacia que elixa dentro da zona farmacéutica na que reside, onde recollerá os Sistemas Personalizados de Dosificación (SPD) cada dúas semanas.

O Sergas xa remitiu o protocolo aos equipos directivos das diferentes áreas sanitarias e aos departamentos involucrados na sua implantación nos distintos niveis asistenciais.


Imprimir  

Calle Álvaro Cunqueiro, Nº 7 - 1º

15008 - A Coruña

981 168 033

Horario de oficina:

9:00 a 14:00 horas y 16:00 a 19:00 horas de lunes a jueves

viernes de 08:00 a 14:30 horas 

 

Calle Romero Donallo, Nº 27 - Entlo.

15706 - Santiago de Compostela

981 598 870

Horario de oficina:

9:00 a 14:00 horas y 16:00 a 19:00 horas de lunes a jueves

viernes de 08:00 a 14:30 horas