Nervios e ilusión no primeiro día de residencia das EIR

As áreas sanitarias de A Coruña-Cee e Santiago-Barbanza deron a benvida os novos residentes que empezan a súa formación nos distintos centros sanitarios

A nova promoción inclúe 20 enfermeiras nas especialidades de saúde mental, pediatría, medicina de familia e xinecoloxía e obstetricia

Luis Verde, xerente da Área Sanitaria da Coruña e Cee, presidiu no CHUAC o acto de benvida dos novos residentes e subliñou “a importancia que para os centros sanitarios ten a incorporación de novos profesionais en formación, que estimulan aos propios integrantes da institución a manterse actualizados”.

A xerente da Área Sanitaria de Santiago Barbanza, Eloísa Núñez, dixo no Clínico que o importante “non só é curar, senón tamén coidar, empatizar e escoitar. Só así se obtén o diagnóstico acertado e o mellor tratamento”.

Irantxu vai facer a especialidade de enfermaría de saúde mental en Oza. “Espero formarme como unha boa especialista, coñecer outros residentes e coller experiencia en Urxencias”. A súa compañeira Gemma lembrou que “o mellor destes anos é cando ves que obtés a recompensa onde querías, que para min tiña que ser si ou si A Coruña”. Para Daniel, o peor “foron os altos e baixos que houbo na preparación. O EIR é unha montaña rusa.” Andrea é de Ferrol “pero decanteime por Oza pola cercanía, pero sobre todo polos dispositivos de saúde mental que ofrece A Coruña. O ambiente máis apartado e máis íntimo de Oza tamén foi outro factor que me axudou a decidirme”.

Rita é residente de enfermaría familiar e comunitaria. “Quitei a praza dunha forma inesperada. A área sanitaria da Coruña era a miña terceira opción. Veño de Santiago. Sempre traballei e estudei aí. Para os que se están formando nestes momentos, paciencia. É moi duro, con subas e baixas anímicas. Pero é posible. Ver as vistas desde a cima é moi bonito”. Para o seu compañeiro Javi, “a enfermaría comunitaria é a parte máis bonita e humana da sanidade. Vai moito máis alá da asistencia clínica. É transversal e podes coñecer todo o contexto social e familiar do paciente. Espero sacar o mellor da residencia e que a residencia saque o mellor de min. Aprender, gozar, sair preparado e ser un especialista de calidade.”

Susana é da Coruña e vai realizar a especialidade de enfermaría pediátrica no Materno Infantil. “Estes dous anos que estiven traballando, pasei sete meses polo servizo de urxencias pediátricas. Gustoume o trato co paciente pediátrico e o ambiente de equipo. É unha especialidade moi transversal con plantas de hospitalización, urxencias, servizo de UCI, atención primaria, consultas externas. Agardo que estes dous anos sirvan para adquirir coñecementos e habilidades técnicas.” 

Sandra vén de Pontevedra. “Pediatría non era a miña primeira opción ata hai pouco. Traballei en Urxencias Pediátricas durante mes e medio no Provincial de Pontevedra e acabei encantada. Agardo aprender moito para saber como tratar da forma máis axeitada os nenos. Quero perder o medo a tratalos. Aos que se están preparando, que fagan moita técnica test. É máis importante que poñerse 50 horas cos manuais.”

Teresa Rei é enfermeira pediátrica e traballa na unidade de coidados intensivos de pediatría no hospital materno infantil. Tamén é titora das residentes desta especialidade. “A diferenza con Medicina é que as enfermeiras poden acceder ao mercado laboral sen cursar unha especialidade. Temos enfermeiras que acceden á especialidade porque remataron o Grao e preparan o EIR e non teñen unha experiencia laboral previa. E temos enfermeiras xeralistas, que xa traballaron en diferentes servizos, e deciden especializarse nunha das diferentes áreas que temos neste momento”.

Ademais das 20 residentes de enfermaría, incorporáronse 64 de medicina hospitalaria, 39 de medicina familiar, 2 de farmacia, 2 de psicología e 1 de bioloxía, que se distribuirán polos hospitais Universitario A Coruña, Teresa Herrera, Marítimo de Oza, Abente y Lago e os centros de saúde.

En Santiago Barbanza son 14 enfermeiras especialistas, ademais de 96 médicos, 2 farmacéuticos, 1 biólogo, 3 psicólogos e 1 físico.

A área sanitaria de Santiago e Barbanza despediu tamén hoxe ás persoas residentes que remataron a súa formación, entre elas sete especialistas en enfermaría. A de Ferrol celebrará os dous actos o vindeiro venres.

Imprimir  

Calle Álvaro Cunqueiro, Nº 7 - 1º

15008 - A Coruña

981 168 033

Horario de oficina:

9:00 a 14:00 horas y de 16:00 a 19:00 de lunes a jueves.

08:00 a 14:30 horas los viernes.

Calle Romero Donallo, Nº 27 - Entlo.

15706 - Santiago de Compostela

981 598 870

Horario de oficina:

9:00 a 14:00 horas y de 16:00 a 19:00 de lunes a jueves.

08:00 a 14:30 horas los viernes.