188 agresións a enfermeiras galegas en 2022

Segundo os últimos datos do Observatorio de Agresións do Consejo General de Enfermería, en Galicia en 2022 rexistráronse un total de 188 agresións a enfermeiras, o 7,5 % das agresións denunciadas no conxunto de España. É o dato máis alto desde 2017.

 datos agresións

Andalucía é a comunidade que rexistrou un maior número destes ataques, con 728, seguida de Castilla y León (317), País Vasco (315), Baleares (268) e Galicia (188). No conxunto de España foron 2.580 agresións, un 58,38 % máis que en 2021. Diego Ayuso, director do Observatorio e secretario xeral do CGE, cre que “este aumento non se debeu realmente a que as agresiones se incementasen de forma tan alarmante, senón a que hai unha maior concienciación dos profesionais á hora de denunciar e unha maior sensibilidade á hora de rexistrar os datos por parte das comunidades autónomas”.

Como explicou Florentino Pérez Raya, presidente do Consejo General de Enfermería, “as enfermeiras e enfermeiros de España enfróntanse cada día a facer o seu traballo cunha presión asistencial brutal debido ao déficit crónico de profesionais que arrastra o noso país. De feito, fan falta case cen mil enfermeiras para equipararnos aos nosos veciños europeos”. Para Pérez Raya, “as enfermeiras non somos responsables dos males do sistema, das demoras na atención, da falta de recursos, de non poder atender as súas expectativas. De feito, en moitas ocasións somos quen tamén sufrimos todos eses problemas do noso sistema sanitario”, engadiu.

Inés López Carral, presidenta do Colexio de Enfermería da Coruña, recalca que "hai que poñer o foco nas medidas de prevención. Todas as que se nos ocorran saen dun mesmo lugar: a educación. A prevención da violencia require dun esforzo colectivo e dun compromiso que, seguramente, non dará resultados a curto prazo. Pero daraos”.

Desde o CGE piden a colaboración de todos: dos políticos para que poñan solucións aos problemas da profesión; dos cidadáns, “comprensión e solidariedade, que censuren os comportamentos delictivos e violentos, que alerten cando pode darse unha situación de violencia, que interveñan se é preciso e que testifiquen se son requiridos”, e das enfermeiras, que “non deben deixar pasar a máis mínima vexación” e denuncien “calquera agresión ás Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, ante o seu hospital e ante os Colexios Profesionais”. Ademais, tamén teñen á súa disposición o Observatorio de Agresións do CGE.

Inés López Carral considera "importante o labor das autoridades. Os protocolos de seguridade nos lugares de traballo; a formación na xestión das situacións de violencia e o establecemento das canles de denuncia necesarias para que non quede sen denunciar ningún caso de violencia son responsabilidade das institucións.”

Estes datos non reflicten as agresións reais. "Sabemos que hai unha infranotificación de incidentes violentos nos nosos centros sanitarios, especialmente cando se refiren a insultos e ameazas, porque non se denuncian", di Diego Ayuso. "De aí, que desde o Consejo General de Enfermería sempre insistamos na necesidade de denunciar estes feitos, pois unha agresión, xa sexa física ou verbal, que non se denuncia, é un feito que non se coñece e, polo tanto, non existe”, engadiu Ayuso.

Para previr situacións violentas e afrontar a agresión en caso de que se produza, o CGE conta cun plan integral, realizado en colaboración coa Policía Nacional, en que se inclúe un un vídeo animado curso formativo de balde, impartido polo Instituto Superior de Formación Sanitaria (ISFOS), de 20 horas de duración, en colaboración co equipo interlocutor policial sanitario. Con este curso xa se formarn case 3.000 colexiados. A vindeira edición está prevista para outubro.

Entre os materiais do curso encóntrase un vídeo animado con consellos para evitar as agresións e cómo actuar en caso de ataques. ola súa parte, Canal Enfermero – a televisión en YouTube do Consejo General de Enfermería- realizou unha edición de “Cuídate con tu enfermera”, coas chaves para previr e actuar fronte a unha agresión


Imprimir  

Calle Álvaro Cunqueiro, Nº 7 - 1º

15008 - A Coruña

981 168 033

Horario de oficina:

9:00 a 14:00 horas y de 16:00 a 19:00 de lunes a jueves.

                                                                                                                                                                                          08:00 a 14:30 horas los viernes.

 

 

 

Calle Romero Donallo, Nº 27 - Entlo.

15706 - Santiago de Compostela

981 598 870

Horario de oficina:

9:00 a 14:00 horas y de 16:00 a 19:00 de lunes a jueves.

                                                                                                                                                                                          08:00 a 14:30 horas los viernes.