ORDE do 4 de decembro de 2024 pola que se modifica a Orde do 18 de abril de 1996 pola que se desenvolve o Decreto 243/1995, do 28 de xullo, no relativo á regulación das condicións e requisitos específicos que deben cumprir os centros de atención a persoas maiores.
Todos os centros de maiores quedan obrigados xa a contar coa presenza física de persoal de enfermaría nun prazo de 20 días, tal e como recolle unha orde publicada no Diario Oficial de Galicia (DOG).
Ata agora só se esixía a contratación destas profesionais nas residencias de máis de 40 prazas.
A Consellería de Política Social decide agora ampliar a obriga a todos os centros e fixa as ratios de persoal: no caso de centros que atenden maiores autónomos ou cun grao leve de dependencia (grado I) a ratio será de 1 profesional de enfermaría por cada 50 prazas (0,02 por usuario). Se se trata de dependentes de grao II o III, o cupo elévase a 1 enfermeira por cada 33 maiores (0,03 por usuario).
Esta orde, publicada o 13 de decembro, entrará en vigor aos vinte días da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
