Na quenda de mañá do sábado 24, o Recinto da Feira Internacional de Galicia en Silleda acollerá desde as 9,00 horas ás 704 persoas aspirantes correspondentes ás categorías de ATS/DUE, Inspector/a médico/a, Licenciado/a en ciencias Químicas e Farmacéutico/a Inspector/a de saúde pública.
Xa na xornada do domingo 25 de xuño, desde as 10,00 horas da mañá, un total de 10.101 persoas optarán a algunha das 1.556 prazas de Enfermaría ofertadas nesta convocatoria. Outras 149 realizarán a proba selectiva para á clase de inspector/a farmacéutico/a.
Desde o Colexio de Enfermaría da Coruña poranse a disposición de todas as colexiadas e colexiados que así o desexen un servizo de autobús gratuito para asistir ao exame.
Saída de Ferrol:
Escola de Enfermaría. Campus Universitario de Esteiro, Rúa San Ramón s/n, saída ás 06:45 horas.
Saída da Coruña:
Colexio Oficial de Enfermaría, Álvaro Cunqueiro 7-1º, saída ás 07:00 horas.
Saída de Santiago de Compostela:
Dársena do colexio La Salle, saída ás 07:45 horas.
Complexo dispositivo organizativo
Se ben na xornada do sábado se examinarán 1.189 persoas, o domingo 25 de xuño o Recinto Feiral de Silleda acollerá 10.250 persoas aspirantes, o que obriga a Xunta a despregar un importante e complexo dispositivo organizativo para garantir o correcto desenvolvemento das probas.
Para esa xornada, a Xunta habilitará os pavillóns 1, 2 e 8 do Recinto Feiral de Silleda, o que conlevará a apertura de 42 portas de acceso. Así, un total de 230 persoas colaboradoras do Sergas participarán nas tarefas organizativas das probas. O devandito dispositivo completarase con efectivos da Garda Civil, Policía Nacional e Autonómica, Protección Civil, 061, e persoal da Fundación Semana Verde de Galicia.
Na mesma liña, para facilitar o desprazamento das persoas aspirantes ata o Recinto Feiral Internacional de Silleda, a empresa Mombus porá en marcha un servizo especial de transporte desde diferentes puntos de Galicia.
Mapa de accesos
Porta de accesos e relación de aspirantes
Protocolo das medidas organizativas no desenvolvemento das probas
- As persoas aspirantes deberán situarse ás horas indicadas na porta de acceso que lles corresponda e acudir provistas do documento nacional de identidade ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, ademais de bolígrafo azul ou negro, de tinta indeleble.
- Non está permitida a entrada con auriculares, aparellos electrónicos, telefonía móbil/dixital, reloxos ou soportes con memoria. Non haberá servizo de recollida destes dispositivos.
- Non poderá acceder á zona de exame con alimentos, salvo causa médica xustificada. Só, de resultar imprescindible, pode traer un bolso ou mochila pequena que deberá situar no chan durante a realización dos exercicios.
- A acreditación para o acceso ao lugar de realización das probas realizarase a través de código QR. Para elo, cada aspirante terá á súa disposición na Oficina Virtual do Profesional (FIDES/expedient-e), desde a data de publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, a acreditación persoal con código QR, que deberá imprimir e presentar o día do exame ao persoal colaborador da porta que lle foi asignada, e que lle permitirá o acceso ao interior do lugar de realización das probas.
- No interior do pavillón, logo de efectuado o control de acceso, debe dirixirse ao posto que lle indique o persoal colaborador e durante a realización dos exercicios non pode abandonar o seu posto sen autorización do persoal colaborador.
- Disporá de aseos no exterior do recinto. No interior poderá acceder aos mesmos logo do comezo do exercicio específico, salvo causas médicas xustificadas e mulleres embarazadas.
- O código QR conterá información do lugar, a data e a hora de realización dos exercicios, así como a porta de acceso que corresponde a cada aspirante. Co obxecto de axilizar a entrada ao recinto, a persoa aspirante debe ter á man ambos os documentos: código QR e documento de identidade. Non se lles permitirá o acceso ao interior do recinto de realización das probas aos/ás aspirantes que non presenten o código QR impreso.
- A partir do día seguinte ao de realización dos exercicios, os/as aspirantes presentados terán á súa disposición na Oficina Virtual do Profesional (Fides/expedient-e) o certificado de asistencia ao exame. Non se facilitará ningún certificado no lugar de realización das probas.
Aspirantes xestantes e outras adaptacións
Neste último caso, así como no das profesionais en situación de embarazo que poidan estar ingresadas o mesmo día do exame e desexen acollerse ao previsto no punto 8.1.7 das bases da convocatoria, deberán poñerse en contacto coa dirección de Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. para que lle informen do procedemento.
Por outra parte, as persoas xestantes cuxo parto coincida coa realización das probas deberá comunicalo ao Servizo Galego de Saúde para solicitar a realización do exame nunha data alternativa, que sempre será dentro dos 15 días seguintes a esta data.
No caso dos aspirantes aos que se lle concedeu algunha adaptación de posto por motivos de saúde, limitacións físicas ou psíquicas realizarán a entrada pola porta 0.