Fonte: Diario Enfermero
O Boletín Oficial del Estado (BOE) publicou a sexta guía para a indicación de medicamentos por parte das enfermeiras. Tras as de diabetes, hipertensión, feridas, queimaduras e ostomías, apróbase e dase luz verde agora á de anticoagulación oral. O novo documento da Dirección General de Salud pública é un paso máis na estandarización da prescrición enfermeira no marco de desenvolvemento establecido no Real Decreto (RD) 954/2015, de 23 de outubro, polo que se regula a indicación, uso e autorización de dispensa de medicamentos e producos sanitarios de uso humano por parte das enfermeiras, así como as modificacións do Real Decreto 1302/2018 de 22 de outubro.
O obxectivo principal destas guías é establecer os parámetros que permitan ás enfermeiras indicar, utilizar e autorizar a dispensa de medicamentos suxeitos a prescrición médica en situacións específicas e de manera protocolizada. Estas competencias inclúen a capacidade de iniciar tratamentos, axustar pautas, prolongar terapias ou suspender medicamentos, sempre nun enfoque colaborativo co obxectivo de proporcionar unha atención máis eficaz e eficiente ás necesidades da poboación.
A guía pretende orientar as actuacións das enfermeiras no tratamento farmacolóxico de persoas en tratamento anticoagulante. Con estas actuacións avánzase na consecución do obxectivo terapéutico de mellorar ou resolver sintomatoloxías asociadas á utilización dos anticoagulantes e previr futuras complicacións.
Este é un paso máis no recoñecemento á experiencia e preparación das enfermeiras na toma de decisións clínicas.