Todo o que tes que saber sobre a prescrición enfermeira

Coa validación da guía para a indicación, uso e autorización de dispensación de medicamentos suxeitos a prescrición médica por parte das enfermeiras: infección de tracto urinario inferior non complicada en mulleres adutas, xa son dez as guías aprobadas no último ano e medio: diabetes, hipertensión, feridas, queimaduras, ostomías, anticoagulación, febre, deshabituación tabáquica e anestésicos locais.

"A prescrición enfermeira, oficialmente chamada 'indicación', é un plus que o sistema lles dá aos pacientes. Achega maior axilidade e seguridade, ademais de beneficios para os usuarios do sistema", asegura Inés López Carral, presidenta do Colexio de Enfermería da Coruña. "As enfermeiras non queremos ser médicos, pero si queremos contribuír de xeito decisivo a desconxestionar o sistema e axilizar a atención". A máxima representante das enfermeiras da provincia da Coruña engade que coa prescrición "buscamos a inclusión real das enfermeiras na toma das decisións da xestión clínica e así llo transmitimos á Xunta. A administración autonómica ten que seguir avanzando no ámbito competencial para que a implantación sexa total, que se traspoñan todas as guías no noso sistema sanitario, que se impulsen protocolos e guías específicas para Galicia e cheguen axiña á poboación."

Acreditación

Desde 2021, a Secretaría Xeral Técnica de Sanidade e os centros directivos do SERGAS emiten a acreditación para a prescrición enfermeira. O procedemento para a acreditación das/dos enfermeiras/os para a indicación, uso e autorización da dispensación de medicamentos e produtos sanitarios de uso humano quedou regulado por unha orde publicada polo DOG.

Estes son os requisitos para a obtención da acreditación:

a) Estar en posesión do título de grao ou diplomatura en Enfermaría, ou de Axudante Técnico/a Sanitario/a, ou equivalente, ademais do título de Enfermeiro/a Especialista cando se trate do profesional de enfermaría responsable de coidados especializados.

b) Cumprir algún dos seguintes requisitos:

1º. Ter unha experiencia profesional acreditada mínima dun ano.

2º. Ter superado o curso de adaptación ofrecido pola Administración sanitaria de maneira gratuíta que implique a adquisición das competencias necesarias para indicar, usar e autorizar a dispensación de medicamentos e produtos sanitarios de uso humano, de acordo co previsto nos puntos 1.a) e b) do anexo I do Real decreto 954/2015, do 23 de outubr

O SERGAS elaborou no seu momento este documento para asesorar sobre a realización da solicitude de acreditación a través do FIDES.

Protocolos do Servizo Galego de Saúde

  • Protocolo para a indicación, uso e autorización de dispensación de medicamentos suxeitos a prescrición médica por parte das/os enfermeiras/os no ámbito da anticoagulación oral (ACO) (Publicación electrónica)
  • Protocolo para a indicación, uso e autorización da dispensación de medicamentos suxeitos á prescrición médica por parte das/dos enfermeiras/os no ámbito das ostomías (Publicación electrónica)
  • Protocolo para a indicación, uso e autorización de dispensación de medicamentos suxeitos á prescripción médica por parte das/dos enfemeiras/os no ámbito das queimaduras (Publicación electrónica)
  • Protocolo para a indicación, uso e autorización da dispensación de medicamentos suxeitos á prescrición médica por parte das/dos enfermeiras/os no ámbito das feridas (Publicación electrónica)

Guías para a indicación, uso e autorización de dispensación de medicamentos suxeitos a prescrición médica por parte das/dos enfermeiras/os

Catálogos de medicamentos e produtos sanitarios para indicación, uso e autorización da dispensación por parte das enfermeiras do SERGAS

 

Imprimir  

Calle Álvaro Cunqueiro, Nº 7 - 1º

15008 - A Coruña

981 168 033

Horario de oficina:

9:00 a 14:00 horas y de 16:00 a 19:00 de lunes a jueves.

                                                                                                                                                                                          08:00 a 14:30 horas los viernes.

 

 

 

Calle Romero Donallo, Nº 27 - Entlo.

15706 - Santiago de Compostela

981 598 870

Horario de oficina:

9:00 a 14:00 horas y de 16:00 a 19:00 de lunes a jueves.

                                                                                                                                                                                          08:00 a 14:30 horas los viernes.