O enfermeiro da área sanitaria de Ferrol, Luis Arantón, ingresa na Real Academia de Enfermaría de Galicia

profesional de Enfermaría da Área Sanitaria de Ferrol, Luis Fernando Arantón Areosa, ingresou esta tarde na Real Academia de Enfermaría de Galicia nun acto que se celebrou no salón de actos do Hospital Arquitecto Marcide do Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol.

O discurso de ingreso deste enfermeiro do centro de saúde de Narón centrouse nas orixes e o impacto do programa Úlceras Fóra para a prevención e tratamento da integridade cutánea en Galicia, cuestión na que os profesionais desta Área teñen unha longa traxectoria e experiencia.

Co ingreso de Luis Arantón son tres os profesionais de Enfermaría da Área Sanitaria de Ferrol na Real Academia de Enfermaría de Galicia, unha das catro reais academias de España neste eido, e primeira en se crear, segundo indican dende a propia Academia. Antes ingresaron tamén José María Rumbo Prieto e Pilar Darriba Rodríguez, que actualmente desenvolven o su labor no Hospital Arquitecto Marcide do Complexo.

Lesións evitadas e calidade de vida

Luis Arantón subliñou "o aforro en vidas humanas en lesións evitadas, porque se puideron previr grazas ao programa Úlceras Fóra. Tamén o incremento da calidade de vida e autonomía dos pacientes que, aínda sufríndoas, foron de menor entidade (menos graves) e curáronse moito mellor e máis rápido".

Con este programa revisáronse os tratamentos e tipos de apósitos existentes, catalogándoos para axustar o mellor uso para cada un dos casos. "Só dispoñendo de material adecuado e formando aos profesionais para que o utilicen ben, o Sergas aforrou sobre a previsión de gasto, e só nos primeiros anos do programa, uns 25 millóns de euros, que se puideron dedicar á atención doutros problemas ou patoloxías". Resaltou que "foi unha iniciativa que os profesionais fixeron súa e por iso segue a funcionar tantos anos despois".

Luis Arantón Areosa traballa como enfermeiro actualmente no centro de saúde de Narón da Área Sanitaria de Ferrol, e durante case 9 anos foi director de Enfermaría da mesma. Previamente exercera tres anos como xefe de Servizo de Integración Asistencial no Sergas. É doutor pola Universidade da Coruña e profesor asociado na Facultade de Enfermaría e Podoloxía da mesma Universidade. É tamén, entre outras cousas, membro do Comité Director da GNEAUPP (Grupo Nacional para o estudo e asesoramento en úlceras por presión e feridas crónicas).


Imprimir  

Calle Álvaro Cunqueiro, Nº 7 - 1º

15008 - A Coruña

981 168 033

Horario de oficina:

9:00 a 14:00 horas y de 16:00 a 19:00 de lunes a jueves.

08:00 a 14:30 horas los viernes.

Calle Romero Donallo, Nº 27 - Entlo.

15706 - Santiago de Compostela

981 598 870

Horario de oficina:

9:00 a 14:00 horas y de 16:00 a 19:00 de lunes a jueves.

08:00 a 14:30 horas los viernes.