Jump to Navigation


Cruz Vermella necesita familias de acollida para proporcionarlles un fogar temporal a nenos e nenas que atravesan unha situación de dificultade en Galicia

A entidade impulsa o programa 'Abre outra porta no teu corazón' para aumentar o número de familias acolledoras
lunes, 12 noviembre, 2012

As familias acolledoras teñen como obxectivo axudar a nenos e nenas que atravesan unha situación de crise ou dificultade nas súas familias que lle impide atendelos correctamente de xeito temporal. Cruz Vermella busca que estes menores sexan acollidos por persoas que lles ofrezan o seu fogar, que lles dean os coidados, a seguridade e a educación que precisan e que lles permita manter, se é posible, o contacto cos seus pais e nais. A entidade anima ás familias galegas a que se convirtan en familias acolledoras na súa campaña 'Abre outra porta no teu corazón'. 



by Dr. Radut.