1.208 despois da declaración do primeiro estado de alarma da pandemia, o Boletín Oficial do Estado dá por rematada a crise sanitaria. Desde o momento xusto da súa publicación, queda eliminada a obrigatoriedade do uso de máscaras nos espazos en que aínda se mantiña.
O BOE recolle a fin da obrigatoriedade das máscaras en hospitais, farmacias e centros sanitarios, se ben hai un apartado con recomendacións á cidadanía e ás autoridades sanitarias para "manter esta cultura da responsabilidade" adquirida nos últimos anos para seguir usándoas ante a presenza de síntomas de infección respiratoria e en centros sanitarios de "especial vulnerabilidade".
Así, o ministerio de sanidade recomenda o uso da máscara nas seguines situacións ou lugares:
- Persoas sintomáticas en espazos compartidos
- Profesionales que atenden casos sintomáticos
- Urxencias Hospitalarias / Atención Primaria
- UCI e Unidades de pacientes vulnerables
Na Orde publicada polo BOE, faise un chamamento a seguir traballando para recomendar as vacinas contra a COVID-19 e integralas nos programas nacionais de vacinación, así como promocionar a vixilancia en saúde públicas "ante as eventuais emerxencias sanitarias que poidan aparecer nun futuro".
Con esta medida, dase por rematada unha das maiores crises sanitarias da historia. As enfermeiras puxéronse á fronte para combater un virus descoñecido que puxo en xaque a sanidade mundial. A todas aquelas que arriscaron e mesmo entregaron as súas vidas con profesionalidade e humanidade vaia a nosa enésima homenaxe nun día en que veñen á cabeza centos de imaxes de sacrificio e dedicación. Grazas!