RESOLUCIÓN do 18 de maio de 2023, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publican a orde de prelación e a puntuación definitiva obtida polas persoas aspirantes admitidas no proceso de actualización das listas de selección temporal de diversas categorías de persoal estatutario.
Orde de prelación e puntuación definitiva obtida polas persoas admitidas no proceso de actualización das listas para a formalización de nomeamentos estatutarios temporais no ámbito do Sistema público de saúde de Galicia nas categorías:
- Enfermeiro/a especialista en enfermaría de saúde mental
- Enfermeiro/a especialista en enfermaría do traballo
- Enfermeiro/a especialista en enfermaría familiar e comunitaria
- Enfermeiro/a especialista en enfermaría obstétrico-xinecolóxica (matrón/a)
- Enfermeiro/a especialista en enfermaría pediátrica