Os hospitais galegos volven achegarse á cifra de 300 transplantes anuais

Fonte: Servizo Galego de Saúde

Entre o venres 10 de marzo e o martes 14 de marzo, a actividade foi frenética para o equipo de trasplantes do complexo hospitalario universitario da Coruña. O día 10, fixeron seis trasplantes de órganos que procedían dun único doante; dous de ril, dous pulmonares, un hepático e un cardíaco. O día 14, realizaron outros seis do mesmo doante. Foi un fito para o hospital coruñés. As intervencións mobilizaron preto de 300 profesionais, entre eles persoal de enfermaría. En menos dunha semana, realizáronse case o 5 % dos trasplantes que adoitan facer os hospitais galegos en todo un ano.

Hoxe, Día mundial do paciente transplantado, o Servizo Galego de Saúde informou de que en 2022 se alcanzou a cifra de 128 doantes de órganos, o que propiciou que se realizasen 296 transplantes nos hospitais galegos.

Transplantes de órganos          

 2021    

 2022

Ril

140

151

Fígado

85

78

Páncreas

1

3

Corazón

24

26

Pulmón

48

38

Total

298

296

 

Desde a realización do primeiro transplante, no ano 1981, ata o remate do 2022, en Galicia lévanse realizado un total de 9.217 transplantes de órganos.

As cifras de doantes de órganos cadáver en Galicia sitúase en 128 (77 na provincia da Coruña, 5 na de Lugo, 11 na de Ourense e 35 na de Pontevedra), datos que supoñen que haxa unha taxa de 47,6 de doantes por cada millón de habitantes, superando nun punto a media nacional.

A doazón en asistolia, programa determinante para a expasión do transplante, aumentou un 74% con respecto ao 2021, cun total de 47 doantes, o que supón un 37% de doantes totais na nosa Comunidade.

No que se refire á causa da morte dos doantes, os factores principais foron os accidentes cerebro vasculares, co 62%, seguido de encefalopatía anóxica cun 21%, e dos traumatismos cranioencefálicos por accidente non de tráfico, cun 8%, mentres que de accidentes de tráfico foi o 3%. A idade media dos doantes foi de 60,8 anos.

Dende o inicio do programa de transplantes en Galicia ata o final do 2022, en Galicia rexistráronse máis de 3.200 doantes de órganos.

A resposta negativa de familiares no 2022 foi do 18%, o que confirma a consolidación da tendencia descendente das mesmas nos últimos anos. Na actualidade, en Galicia hai 121.673 persoas que posúen a tarxeta de doador de órganos. Destas, 1.986 son novas tarxetas rexistradas ao longo do 2022 pola Coordinación de Transplantes de Galicia de ADOS.

En canto á doazón de medula ósea, Galicia rexistrou 1.187 novos doantes. Desta forma, contamos con 13.714 doantes inscritos no REDMO (Rexistro de Doantes de Medula Ósea).

A Coordinación Autonómica de Transplantes de ADOS seguíu co programa de formación especializado en doazón e transplantes de órganos para os profesionais do sistema público de saúde de Galicia, así como a realización de dous cursos de malas noticias, na que se abordan distintos aspectos, tales como afrontar a perda tras o falecemento dun ser querido, así como as actitudes dos profesionais sanitarios neses momentos de especial sensibilidade, na que participaron trinta e cinco profesionais. Desenvolvéronse tamén nove cursos sobre procesos de doazón e transplantes, que foron realizados por máis 6.800 profesionais sanitarios.


Imprimir  

Calle Álvaro Cunqueiro, Nº 7 - 1º

15008 - A Coruña

981 168 033

Horario de oficina:

9:00 a 14:00 horas y 16:00 a 19:00 horas de lunes a jueves

viernes de 08:00 a 14:30 horas 

 

Calle Romero Donallo, Nº 27 - Entlo.

15706 - Santiago de Compostela

981 598 870

Horario de oficina:

9:00 a 14:00 horas y 16:00 a 19:00 horas de lunes a jueves

viernes de 08:00 a 14:30 horas