As probas da fase de oposición do Servizo Galego de Saúde roldan o 90 % de participación nas especialidades enfermeiras

Fonte: Xunta de Galicia

O Recinto Feiral Internacional de Galicia (Silleda), acolleu na mañá deste domingo a celebración das probas de acceso ao Sergas nas categorías de Enfermería pediátrica e Enfermería especialista en saúde mental, entre outras especialidades.

Na categoría de Enfermería pediátrica realizaron o exame 144 dos 162 aspirantes admitidos (88,9 %) e en Enfermería especialista en saúde mental, 103 das 113 persoas admitidas (91,1 %). O Servizo Galego de Saúde oferta na xornada de hoxe 31 prazas de Enfermería especialista en Saúde Mental e 32 prazas de Enfermería especialista en pediatría.

No conxunto desta fin de semana, un total de 18.300 persoas están convocadas a participar nas probas selectivas das 779 prazas que o Sergas ofertou en 10 categorías do sistema sanitario público galego.

Opositora xestante realiza o exame desde Canarias

No marco das previsións do I Plan de Igualdade de mulleres e homes do Servizo Galego de Saúde (2021-2024), en prol da igualdade efectiva de mulleres e homes, o Sergas continúa a facilitar a realización das probas ás opositoras xestantes e con parto recente que o solicitaran previamente. Así, a realización destes exames de oposición terá lugar no hospital no que estea ingresada a aspirante, desprazando a estes efectos unha delegación do respectivo tribunal aos centros sanitarios.

Por primeira vez na historia das probas selectivas do Sergas, un dos exames será realizado desde fóra da comunidade autónoma de Galicia, ao contar coa colaboración do Servizo Canario de Saúde, para facilitar a súa realización -durante o mesmo espazo de tempo e desde o Hospital Materno Infantil das Palmas de Gran Canaria-, por parte dunha aspirante embarazada a termo.

Neste sentido, en execución de diversos acordos adoptados pola Mesa sectorial de negociación en materia de protección das persoas traballadoras durante o embarazo, e publicados no Diario Oficial de Galicia o pasado mes de novembro, a muller que estea de parto o día en que teñan lugar os exercicios da oposición, e non sexa posible realizarlle o exame no hospital, poderá efectualo dentro dos 15 días seguintes á realización das probas.

Garántese así mesmo, o exercicio da lactación natural por aquelas aspirantes que o solicitasen. A estes efectos, habilitaranse no exterior do recinto unha sala específica para que poder realizar a lactancia con carácter previo ao inicio da hora de exame, e no interior do recinto outra sala para que durante o tempo de realización das probas poidan tamén realizar a lactancia. Neste suposto, o tempo transcorrido na realización da lactación incrementase ao tempo de exame previsto inicialmente.

Medidas organizativas no desenvolvemento das probas

Cómpre lembrar que na organización destes procesos selectivos non se realiza o chamamento dos aspirantes. Así, todos os aspirantes teñen á súa disposición na Oficina Virtual do Profesional (FIDES/ expedient-e), desde a data de publicación da data do exame no Diario Oficial de Galicia, até a acreditación persoal con código QR.

Á hora de inicio das probas os aspirantes acércanse á porta que teñen asignada co código QR que debe levar impreso e acreditando a súa identidade acceden ao exame. Con esta medida axilízase a entrada ao recinto, evitando aglomeracións innecesarias.


Imprimir  

Calle Álvaro Cunqueiro, Nº 7 - 1º

15008 - A Coruña

981 168 033

Horario de oficina:

9:00 a 14:00 horas y 16:00 a 19:00 horas de lunes a jueves

viernes de 08:00 a 14:30 horas 

 

Calle Romero Donallo, Nº 27 - Entlo.

15706 - Santiago de Compostela

981 598 870

Horario de oficina:

9:00 a 14:00 horas y 16:00 a 19:00 horas de lunes a jueves

viernes de 08:00 a 14:30 horas